Mundo

A Universidade de Aveiro aposta polo ensino da lingua chinesa

Máis de 700 estudantes portugueses da Universidade de Aveiro aprenderon nos últimos anos a escribir e a falar chinés despois de que esta lingua se integrase na Licenciatura de Linguas e Relacións Empresariais e nos mestrados en Estudos Chineses e en Linguas e Relacións Empresariais.

Fonte: Rostos

Apróbase un plan para que os sinais das estradas irlandesas inclúan o irlandés e o inglés en igualdade de condicións

Na actualidade, os sinais das estradas da República de Irlanda dan preferencia ao inglés en detrimento do irlandés. Porén, o ministro de Transportes, Leo Varadkar, aprobou un plan que substituirá gradualmente os sinais por outros nos que se dea igual de importancia ao inglés e ao gaélico irlandés.

Fonte: Independent

Preséntase unha proposición de lei para que Francia ratifique a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias

Os deputados do partido Europa Ecoloxía propoñen cambiar a Constitución francesa para poder introducir a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias no ordenamento xurídico francés. Durante a pasada carreira electoral, o actual presidente, François Hollande, comprometeuse a ratificala mais o Consello de Estado emitiu un ditame negativo.

Fonte: Nationalia

Google estrea un servizo de tradución de aplicacións para Android

Os creadores de aplicacións para Android que queiran ampliar os seus mercados internacionais poden gozar desde agora do servizo de traducións de aplicacións presentado no último congreso Google I/O, e que leva meses funcionando en probas para comprobar o bo funcionamento desta nova solución para a localización de aplicacións a distintos mercados.

Fonte: Código Cero

O Senado de México recoñécelles ás persoas indíxenas o dereito a ir acompañadas dun intérprete nun xuízo

O Senado de México aprobou unha reforma para garantir que as persoas que falen linguas indíxenas teñan dereito a un intérprete cando se enfronten a un xuízo.

Fonte: El Porvenir

O comisario de linguas oficiais de Canadá considera que a cidade de Ottawa debe ser bilingüe

O comisario de linguas oficiais de Canadá, Graham Fraser, considera que a cidade de Ottawa debe converterse nunha capital bilingüe e lamenta que a comunidade anglófona do país e o propio alcalde da cidade non opinen o mesmo.

Fonte: La Presse

México aproba unha resolución para introducir o ensino das linguas indíxenas na educación primaria

A Comisión de Asuntos Indíxenas da Cámara de Deputados mexicana aprobou unha resolución para introducir o ensino das linguas indíxenas na educación básica.

Fonte: Starmedia

Fomentan o uso do aimará e o quechua nas institucións públicas do Goberno rexional do departamento peruano de Puno

No marco da aplicación da lei peruana que regula o uso, preservación e difusión das linguas orixinarias do Perú, funcionarios do Ministerio de Cultura e do Goberno Rexional de Puno reuníronse para promover nas institucións públicas o uso do quechua e o aimará.

Fonte: Los Andes

As cifras do censo de 2011 en Escocia mostran un descenso do número de falantes de gaélico

As últimas cifras do censo de 2011 mostran que, en Escocia, continúa diminuíndo o uso do gaélico nas zonas onde tradicionalmente había máis falantes nativos. Entre as razóns inclúese o éxodo dos falantes nativos a outras zonas ou a chegada de persoas doutros lugares que non falan a lingua.

Fonte: BBC

O Ministerio de Educación dos Emiratos Árabes Unidos lanza un novo programa para a aprendizaxe do árabe

O Ministerio de Educación dos Emiratos Árabes Unidos e o grupo editorial Kalimat asinaron un acordo para desenvolver novos recursos pedagóxicos en lingua árabe.

Fonte: Gulfnews

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder