Mundo
Publícase unha nova gramática da lingua portuguesa
A Fundación Calouste Gulbenkian presentará, con motivo da Conferencia Internacional sobre o Libro e a Lectura Dixital, a obra máis agardada: a Gramática do Português. Destinada a todos os públicos, esta nova gramática describe o portugués europeo culto contemporáneo, sen deixar de incluír información sobre os chamados rexionalismos e sobre o portugués do Brasil, Angola e Mozambique.
Fonte: Fundação Calouste Gulbenkian
O Partido Socialista portugués quere introducir a materia de inglés no primeiro ciclo de primaria
A comisión de educación do Parlamento de Portugal debate un proxecto de resolución do Partido Socialista (PS) no que se recomenda ao Goberno portugués o ensino obrigatorio do inglés no primeiro ciclo de educación primaria e a introdución dunha segunda lingua estranxeira.
Fonte: TVi24
O novo programa Erasmus da Unión Europea dará prioridade ao ensino das linguas
A aprendizaxe das linguas é unha prioridade da Unión Europea, afirmou Androulla Vassiliou, comisaria europea de Educación, Cultura e Multilingüismo, tras presentar o novo programa Erasmus+. A comisaria declarou que as linguas son esenciais para fomentar o emprego e a mobilidade social en Europa.
Fonte: The Guardian
O ministro flamengo de Educación afirma que o inglés debe converterse en lingua oficial de Bruxelas
Se Bruxelas aspira a ser unha cidade internacional, o inglés debería converterse en lingua oficial, declarou o ministro flamengo de Educación, Pascal Smet, tras presentar un proxecto para a promoción do multilingüismo na capital belga.
Fonte: EurActiv
O presidente de Kazakhistán insta a non discriminar por motivos de lingua
O presidente de Kazakhistán, Nursultan Nazarbayev, instou o funcionariado público a evitar a discriminación por motivos de lingua, informou o servizo de noticias Tengrinews.
Fonte: Tengrinews
Introducen a lingua portuguesa no ensino secundario das escolas da República Güiana
O alumnado de ensino secundario da Güiana poderá aprender portugués despois de que o Ministerio de Educación do país americano introducise oficialmente a lingua portuguesa no currículo escolar en cinco escolas piloto.
Fonte: Guyana Times
Aumenta a demanda do ensino do español como lingua estranxeira
Unha das conclusións do sexto Congreso Internacional da Lingua Española, celebrado en Panamá, é que cada vez máis países demandan ferramentas para aprender a lingua española.
Fonte: El Universal
As linguas orixinarias do Perú son prioridade do Estado
As linguas indíxenas ou orixinarias do Perú son obxectivo prioritario do Estado peruano, declarou a ministra de Cultura, Diana Álvarez-Calderón Gallo, durante a súa participación na Semana do Quechua que tivo lugar na cidade de Cuzco.
Fonte: Tuteve
O Tribunal da Unión Europea anula os anuncios de oposicións publicados unicamente en inglés, alemán e francés
O Tribunal da Unión Europea anulou algúns anuncios de oposicións para postos de traballo nas institucións europeas porque estaban publicados exclusivamente en francés, alemán e inglés.
Fonte: LeggiOggi
A cidade belga de Liexa ofrecerá interpretación en lingua de signos nas oficinas da Administración local
O Concello da cidade belga de Liexa atopou unha solución para axudar as persoas con discapacidade auditiva. Un sistema de interpretación simultánea facilitará a comunicación entre os funcionarios municipais, un experto en lingua de signos e os cidadáns.
Fonte: West
Boletín
Subscríbase ao boletín