Mundo

O ministro británico de Asuntos Exteriores reabrirá a Escola de Linguas para impulsar o ensino de idiomas estranxeiros

O ministro británico de Asuntos Exteriores, William Hague, anunciou a reapertura da Escola de Linguas (Language School) e prometeu crear unha nova academia para diplomáticos británicos. O novo centro ensinará 80 linguas, desde o árabe ata o zulú.

Fonte: The Telegraph

A dereita francesa oponse á unha resolución da Unión Europea sobre as linguas rexionais

A dereita francesa do Parlamento Europeo votou en contra da resolución sobre as linguas rexionais ameazadas, aprobada por unha ampla maioría de parlamentarios, alegando que violaba a unidade da República Francesa.

Fonte: EurActiv

A Asemblea Nacional de Senegal contará cun servizo de interpretación en linguas nacionais

O presidente da Asemblea Nacional de Senegal, Moustapha Niasse, anunciou que o servizo de interpretación dos debates parlamentarios en linguas nacionais comezará no mes de decembro.

Fonte: Senego

A Sociedade de Persoas Xordas de Irlanda demanda o recoñecemento da lingua de signos irlandesa

Membros da Sociedade de Persoas Xordas de Irlanda solicitáronlle ao Goberno o recoñecemento legal da lingua de signos irlandesa. O presidente da sociedade, John Bosco Coname, describiu a lingua de signos irlandesa como a terceira lingua da República de Irlanda e a primeira de moitas persoas xordas.

Fonte: RTE

O 26 de setembro celébrase o Día Europeo das Linguas

O Consello de Europa festexa o 26 de setembro como Día Europeo das Linguas, co obxectivo de promover a diversidade lingüística de Europa e fomentar o plurilingüismo entre os seus cidadáns.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Catro de cada dez belgas non falan lingua estranxeira ningunha

Unha enquisa sobre multilingüismo elaborada por unha oficina pública de Bélxica mostra que máis do 42 % dos belgas de idades comprendidas entre os 25 e os 64 anos non fala ningunha lingua estranxeira.

Fonte: Lemag

Malí debe usar as súas linguas nacionais como ferramenta indispensable de desenvolvemento

Malí precisa empregar as súas linguas nacionais como ferramenta indispensable de desenvolvemento, afirmou a ministra maliana de Educación, Togola Jacqueline Nana. Malia os esforzos realizados, a maioría da poboación maliana segue sendo analfabeta, sobre todo as mulleres.

Fonte: Afriquinfos

O Ministerio de Educación de Angola prevé expandir a aprendizaxe das linguas nacionais ao ensino primario

O Ministerio de Educación angolano prevé expandir a aprendizaxe das linguas nacionais a todo o ensino primario, contribuíndo así ao desenvolvemento do país.

Fonte: AngoNotícias

Unha campaña anima os cidadáns británicos a aprenderen 1000 palabras nunha lingua estranxeira

Unha nova campaña do Reino Unido anima os cidadáns do país a aprenderen 1000 palabras nunha lingua estranxeira. Esta nova iniciativa xorde do temor de que as baixas habilidades lingüísticas da poboación poidan repercutir negativamente no comercio internacional e no emprego.

Fonte: BBC

Un estudo da UE revela que o inglés é a lingua franca dos europeos

Un informe da Unión Europea revelou que o inglés se converteu na lingua franca de todos os países europeos e que dous de cada tres cidadáns teñen un coñecemento aceptable de inglés.

Fonte: Daily Mail

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder