Mundo
Un programa para preservar linguas indíxenas de Tanzania recibe recoñecemento a nivel nacional
Un programa de revitalización de linguas nativas dunha universidade da cidade tanzana de Dar es Salaam recibe un importante recoñecemento pola súa excelencia no ámbito da educación indíxena.
Fonte: Digital Journal
O Parlamento Europeo non conta con suficientes tradutores de irlandés
A falta de tradutores de lingua irlandesa en Bruxelas é a razón principal de que o sitio web do Parlamento Europeo non estea traducido a esta lingua. Un grupo de falantes presentou unha queixa denunciando esta situación ao Valedor do Pobo da Unión Europea.
Fonte: Independent
As aventuras de Tintín publicaranse en lingua escocesa e en gaélico
As aventuras de Tintín foron lidas en máis de 70 linguas desde 1930, mais nunca antes foran traducidas ao escocés (ou Scots) e ao gaélico escocés. Os editores prevén que estas novas edicións suscitarán o interese de centros escolares e coleccionistas.
Fonte: The Scotsman
O Parlamento Europeo aproba unha resolución sobre a diversidade lingüística
A través deste documento pídeselles á Unión Europea e aos Estados membros que presten maior atención á situación das linguas en perigo de desaparición e se comprometan coa preservación da diversidade lingüística implementando políticas de revitalización dos idiomas ameazados.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Nace un novo movemento político que terá a promoción do occitano como un dos seus aspectos clave
Un bo número de municipios de toda Occitania serán testemuñas do nacemento, a partir do próximo ano, dun novo movemento político occitanista con motivo das eleccións municipais. Entre as claves desta nova plataforma estará a promoción da lingua occitana.
Fonte: Nationalia
O Goberno dos Azores promove cursos de lingua portuguesa para inmigrantes
O Goberno dos Azores organizará dous cursos de lingua portuguesa destinados a cidadáns inmigrantes, nunha primeira fase só nas illas de São Miguel e Terceira, revelou a Oficina de Apoio á Comunicación Social (GACS) da rexión.
Fonte: Dnotícias
Créase unha plataforma de autoaprendizaxe de linguas para os demandantes de emprego de Bruxelas
Unha plataforma en liña de autoaprendizaxe de linguas porase proximamente á disposición dos demandantes de emprego de Bruxelas, anunciaron Céline Frémault e Rachid Madrane, ministros de Emprego e de Formación profesional, respectivamente, da rexión de Bruxelas.
Fonte: Rtbf
A presidenta do Instituto Camões defende a internacionalización da lingua portuguesa
A difusión da lingua portuguesa pasou dun obxectivo centrado na Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP) para se proxectar alén das fronteiras. O Instituto Camões, a CPLP e un conxunto de universidades portuguesas xúntanse nunha conferencia en Lisboa para apoiar a "difusión do portugués como lingua internacional”. “A lingua portuguesa xa non é só a lingua dos pobos da CPLP", declarou Ana Paula Laborinho, presidenta do Instituto Camões.
Fonte: Público
Cabo Verde introduce a aprendizaxe bilingüe de crioulo e portugués
A introdución dun proxecto bilingüe de aprendizaxe en lingua portuguesa e crioulo caboverdiano constitúe unha das novidades do ano lectivo 2013-2014. O Ministerio de Educación do arquipélago caboverdiano revelou que se trata dun proxecto innovador que pretende introducir a lingua materna caboverdiana no sistema educativo sen esquecer o perfeccionamento do ensino da lingua portuguesa.
Fonte: Portugal Digital
Flandres modificará o seu decreto sobre o emprego das linguas nos contratos laborais
Os contratos de traballo poderán redactarse nunha lingua diferente ao neerlandés. O Goberno flamengo modificará o decreto sobre o emprego das linguas co fin de axustarse a unha sentenza sobre este asunto ditada polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
Fonte: 7sur7
Boletín
Subscríbase ao boletín