Mundo
Segundo un estudo, cantar nunha lingua estranxeira favorece a súa aprendizaxe
Cantar nunha lingua estranxeira permite dominala mellor. É o que se desprende dun estudo publicado no xornal Memory & Cognition.
Fonte: Melty Campus
Apróbase definitivamente o novo marco lingüístico dos funcionarios belgas
O Goberno belga adoptou definitivamente o novo marco lingüístico da Administración deste país, despois da opinión positiva da Comisión permanente de control lingüístico. Prevese unha proporción de 72,49 % de francófonos e 27,51 % de falantes de neerlandés.
Fonte: L'Avenir
Os franceses tentan salvar a pureza da súa lingua en internet
Xa hai tempo que os franceses utilizan regras para defender a súa lingua do inglés, principalmente en anuncios publicitarios.
Fonte: Observatório da Imprensa
Preséntase unha proposta de lei para que o sardo se converta en lingua oficial en Sardeña
O texto pretende a modificación do artigo 1 do Estatuto especial da illa e afirma que "no territorio de Sardeña o sardo é a lingua propia e igualada ao italiano" e que os seus habitantes "teñen dereito de coñecer e usar ambas as linguas".
Fonte: Sardegna Oggi
Nicaragua levará a cabo xuízos en lingua miskita na rexión do Caribe
Os xuízos en lingua miskita serán obrigatorios na zona do Caribe de Nicaragua, habitada por esta etnia que logrou preservar a cultura dos seus devanceiros desde o século XVII.
Fonte: La Prensa
Un intelectual romanés apela á mobilización para salvagardar a lingua romanesa na súa propia terra
Perante o crecente entusiasmo dos europeos por adoptar o inglés como lingua franca, un intelectual romanés lanza un sinal de alarma e apela á mobilización para salvagardar as linguas nacionais.
Fonte: Presseurop
A utilización do guaraní nos xuízos é un paso importante para a súa normalización
Malia a súa condición de idioma oficial, os lingüistas de Paraguai seguen considerando que o guaraní continúa relegado como tal e non se encontra ao mesmo nivel de normalización que o castelán, a pesar de ser a lingua nativa máis falada polos habitantes do país. A escritora e xornalista Susy Delgado manifestou que, a pesar das diferenzas entre ambos os idiomas, se poden citar aspectos positivos do avance do guaraní, como a recente introdución do idioma no poder xudicial, principalmente nos xuízos orais e públicos.
Fonte: Última Hora
Manchester é a cidade máis políglota do mundo
Con máis de 150 linguas faladas por unha poboación de 480 000 habitantes, Manchester é a cidade coa máis forte diversidade lingüística do Reino Unido, ou mesmo do mundo, polo menos en comparación con outros centros urbanos de dimensión comparable. Un verdadeiro babel, onde catro de cada dez residentes falan varias linguas, algunhas moi raras.
Fonte: Presseurop
A Universidade de Harvard ensinará lingua bretoa
A Universidade de Rennes 2 acaba de asinar un acordo co departamento de linguas e literaturas celtas da famosa Universidade de Harvard para ofrecer seminarios de lingua bretoa de xeito regular.
Fonte: La Tribune
O ensino de linguas estranxeiras en secundaria segue a diminuír no Reino Unido
O Reino Unido rexistrou un novo descenso no número de alumnos que estudan linguas estranxeiras durante o último ano da educación secundaria. As cifras actuais mostran unha baixada do 9,9 % en francés e un 11,1 % en alemán, mentres que o español rexistra un incremento do 4,1 %.
Fonte: The Independent
Boletín
Subscríbase ao boletín