Mundo
Uns manuscritos achegan información sobre linguas indíxenas australianas
Un proxecto de investigación de dous anos de duración desvelou uns manuscritos da época colonial que achegan información sobre 100 linguas indíxenas de Australia. Os resultados obtidos na investigación axudarán a preservar as culturas orixinarias.
Fonte: The Guardian
Iníciase unha campaña no Reino Unido para promover o ensino das linguas estranxeiras
O diario The Guardian e a Academia Británica traballan nunha campaña que iniciará un debate sobre a importancia do ensino das linguas estranxeiras no Reino Unido.
Fonte: The Guardian
O servizo de tradución automática Google Tradutor incluirá outras linguas africanas
O motor de busca Google conta xa con 71 linguas no seu servizo de tradución automática Google Tradutor e proximamente incluirá novos idiomas africanos: zulú, hausa, igbo, somalí e iorubá.
Fonte: IT News Africa
A Oficina da Lingua Inuktitut pide máis fondos para a promoción da lingua no territorio de Nunavut
A Oficina da Lingua Inuktitut, por medio da súa representante, Sandra Inutiq, aproveitou a visita do primeiro ministro canadense Stephen Harper ao territorio de Nunavut para pedir máis financiamento para axudar a inverter a tendencia de perda de falantes da lingua inuktitut.
Fonte: Nunatsiaq Online
O chinés convértese no mundo empresarial nunha importante baza para conseguir emprego
En Francia, o chinés é a quinta lingua máis ensinada no sistema educativo: en 2012 máis de 33 000 estudantes escolleron esta lingua en secundaria. No mundo empresarial, a tendencia continúa en alza e mesmo se está convertendo nunha importante baza para conseguir emprego.
Fonte: Jol Presse
México e Perú asinan un acordo para preservar as linguas indíxenas
Os gobernos de México e do Perú asinaron un convenio de cooperación interinstitucional para compartir información sobre investigación, conservación e promoción de linguas indíxenas, algunhas en perigo de desaparecer.
Fonte: Rotativo
Unha organización benéfica lanza un proxecto que ofrece materiais en lingua galesa para nenos con problemas de aprendizaxe
Unha organización benéfica lanzou un proxecto que ofrece materiais educativos en lingua galesa para nenos con problemas de aprendizaxe. Na presentación do proxecto participaron dúas actrices da canle pública de televisión S4C.
Fonte: Daily Post
As escolas públicas de Myanmar ofrecerán ensino nas linguas das comunidades étnicas
Por primeira vez en 40 anos e a partir do ano que vén, os alumnos de Myanmar poderán aprender por medio das súas linguas étnicas en escolas públicas.
Fonte: DVB
Un estudo mostra que o modo de usar a lingua galesa nos medios pode influír na confianza dos seus falantes
Un estudo mostra que empregar un galés de uso máis corrente na radio e televisión pode incrementar a confianza dos falantes. O medo a falar incorrectamente é unha das razóns principais polas que as persoas deixan de falar galés.
Fonte: BBC
O Goberno de Nunavut toma medidas para preservar as linguas inuit
O Goberno de Nunavut, en Canadá, está tomando medidas para preservar as linguas árticas, xa que o inuktitut, en todas as súas formas dialectais, está facendo grandes esforzos por sobrevivir no mundo globalizado actual de teléfonos intelixentes e música pop.
Fonte: The Star
Boletín
Subscríbase ao boletín