Mundo

Un informe esixe que se tomen medidas para deter o declive das linguas rexionais en Francia

As linguas rexionais continúan en situación de forte declive en Francia, afectadas pola "falta crecente da transmisión xeracional" e a mobilidade xeográfica. Un informe que esixe que se tomen medidas para parar esta situación foi presentado ao Ministerio francés de Cultura.

Fonte: La Depeche

Os inuits loitan por evitar a desaparición da súa lingua

A lingua inuktitut considerouse desde hai tempo como unha das linguas autóctonas canadenses máis prósperas, mais un informe recente desvela que o seu futuro non é tan radiante.

Fonte: Le Huffington Post

A nova ministra de Patrimonio e Linguas Oficiais do Canadá non aposta polo bilingüismo na xustiza

A nova ministra de Patrimonio e Linguas Oficiais do Canadá, Shelly Glover, mantén que a asignación de xuíces bilingües en inglés e francés no Tribunal Supremo do Canadá non é esencial, aínda que si desexable.

Fonte: Radio-Canada

A clase política india enfróntase polo uso da lingua inglesa no país

Membros do partido gobernante da India criticaron a declaración do líder opositor do partido nacionalista, Rajnath Singh, sobre o uso en exceso da lingua inglesa que, segundo el, "está causando un importante dano na cultura e sociedade indias".

Fonte: International Business Times

Angola financiará traballos do Vocabulario Común da Lingua Portuguesa

Angola financiará traballos do Vocabulario Ortográfico Común da Lingua Portuguesa, o que constitúe "a primeira vez que un país africano de lingua oficial portuguesa contribúe á promoción dun elemento central do Acordo Ortográfico, declarou á Axencia Lusa o director do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa.

Fonte: Sol Sapo.pt

Un acordo destinará 1,6 millóns de euros á promoción do éuscaro no País Vasco francés

A Oficina Pública da Lingua Vasca renovou o seu acordo co Goberno vasco para distribuír unha cantidade total de 1,6 millóns de euros á promoción do éuscaro no País Vasco francés.

Fonte: Sud Ouest

Unha carreira entre as localidades de Machynlleth e Cardigan promoverá a lingua galesa

Unha carreira popular entre as localidades galesas de Machynlleth e Cardigan recadará diñeiro para a promoción social da lingua galesa nesta zona do oeste de Gales.

Fonte: Cambrian News

Expertos do estado mexicano de Jalisco denuncian a indiferenza do Goberno na protección das linguas indíxenas

As linguas indíxenas e a loita pola súa preservación están nunha situación de esquecemento por parte das autoridades, afirma o titular da Dirección de Culturas Populares da Secretaría de Cultura do estado de Jalisco, Ignacio Bonilla Arroyo, xa que o Estado non dispón de orzamento nin estratexias para garantir tal conservación.

Fonte: Informador

A Comunidade de Países de Lingua Portuguesa avaliará a difusión e o futuro da lingua portuguesa

Os ministros de Relacións Exteriores dos oito países que forman a CPLP (Comunidade de Países de Lingua Portuguesa) avaliarán en outubro, en Lisboa, as accións de promoción e difusión do idioma durante a segunda Conferencia Internacional sobre o Futuro da Lingua Portuguesa.

Fonte: Rádio Voz da Rússia

O bérber é a segunda lingua máis falada en Francia

A lingua bérber, nas súas diferentes variantes, é a segunda lingua máis falada de Francia. Hai entre 1,5 e 2 millóns de persoas que se comunican diariamente nesta lingua norteafricana. Este é o resultado dunha enquisa realizada polo Comité consultivo para a promoción das linguas rexionais e a pluralidade lingüística.

Fonte: Algerie-Focus

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder