Mundo
As linguas locais de Sri Lanka serán obrigatorias nas escolas privadas
O Goberno de Sri Lanka prevé a introdución obrigatoria das linguas locais, a relixión e a historia nacional nas escolas privadas do país, incluídos os centros internacionais de ensino.
Fonte: Colombo Page
A aprendizaxe da lingua galesa rexistra un avance no ensino primario do País de Gales
Un organismo de control educativo de Gales desvela que máis do 80 % do alumnado de idades comprendidas entre os tres e os sete anos está progresando na aprendizaxe do galés nas escolas onde o ensino se desenvolve só por medio desta lingua.
Fonte: Wales Online
O Perú tomará medidas para preservar o quechua
O Ministerio de Cultura do Perú anunciou que adoptará medidas para preservar o quechua e incrementar o número de peruanos que actualmente falan e entenden o idioma dos incas en todo o país.
Fonte: Letralia
Preséntase un dicionario xurídico en guaraní
Os responsables da Secretaría de Política Lingüística do Tribunal Supremo de Xustiza de Paraguai presentaron o dicionario dixital guaraní para o seu uso no ámbito xurídico.
Fonte: Abc
Un estudo desvela que o portugués é a quinta lingua máis falada en Twitter
A lingua portuguesa é a quinta máis falada na rede social Twitter, segundo un estudo divulgado por unha empresa especializada en medios dixitais. O inglés segue liderando a lista, seguido do xaponés, o español e o malaio.
Fonte: Techtudo
Moldavia recoñece o romanés como idioma oficial
O Tribunal Constitucional de Moldavia deliberou que a lingua oficial do país non é o moldavo senón o romanés.
Fonte: Voz da Rússia
Os brasileiros mostran predilección pola aprendizaxe de linguas en internet
Os brasileiros mostran preferencia pola aprendizaxe de linguas estranxeiras en internet. Un exemplo é a plataforma Busuu, unha rede social que empregan 3,5 millóns de brasileiros para aprender linguas.
Fonte: Bonde
Nace unha canle de televisión en internet integramente en occitano
En breve nacerá ÒcTele, unha televisión en liña que será a primeira en emitir a totalidade dos seus contidos en lingua occitana. A súa programación incluirá telexornais, debuxos animados e programas de entretemento durante catro horas diarias.
Fonte: Nationalia
Un deputado suízo crea un grupo parlamentario para reforzar o papel da lingua romanche
O deputado Martin Candinas acaba de crear por primeira vez un grupo parlamentario romanche na Asemblea Federal de Suíza. Segundo explica a Radiotelevisión Suíza Romanche, Candinas quere que o grupo sirva para reforzar a presenza da lingua en Suíza, que aínda que é oficial nas institucións federais desde 1996, habitualmente ten menos peso que os outros tres idiomas oficiais (alemán, francés e italiano).
Fonte: Nationalia
Indíxenas ecuatorianos maniféstanse a prol da educación intercultural bilingüe
Ducias de indíxenas, agrupados na Confederación de Nacionalidades Indíxenas de Ecuador, maniféstanse en Quito polo dereito universal de acceso á educación na lingua propia.
Fonte: El Universal
Boletín
Subscríbase ao boletín