Mundo

A Corporación de Internet para a Asignación de Nomes e Números autoriza o dominio .bzh para a lingua e cultura bretoas

Os bretóns acaban de acadar a súa identidade dixital. Os seus enderezos de sitios de internet poderán pronto rematar en .bzh. Trátase dunha vitoria para a asociación Point BZH que encabezaba o proxecto desde hai varios anos.

Fonte: Les Inrocks

Unha enquisa sobre a lingua galesa pretende mellorar as comunicacións do servizo nacional de saúde cos pacientes bilingües

Unha enquisa sobre o uso da lingua galesa polos profesionais do servizo británico de saúde abordará as "inconsistencias" actuais do uso do galés e garantirá un servizo sanitario "seguro" para unha nación bilingüe, declarou a comisaria da lingua galesa, Meri Huws.

Fonte: Wales Online

Un estudo revela que os nenos bilingües poden distinguir as diferenzas lingüísticas a partir dos setes meses

Unha investigación realizada pola Universidade de Columbia Británica (Canadá) e a Universidade París Descartes (Francia) desvelou que os nenos bilingües son capaces de distinguir sons e frases en diferentes linguas a partir dos sete meses.

Fonte: Befan

As linguas minorizadas da República Francesa pídenlle "asilo cultural" á Unesco

As entidades a prol das linguas minorizadas da República Francesa pedirán diante da sede da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) "asilo cultural" ante a "discriminación lingüística sistemática" que padecen os seus falantes.

Fonte: Nationalia

O portugués é a quinta lingua máis usada en internet

Con 83 millóns de internautas no mundo, a lingua portuguesa xa superou o árabe, o francés e o alemán e é o quinto idioma máis falado na web, segundo datos da Unión Internacional de Telecomunicacións. Os expertos prevén que, en poucos anos, o portugués poderá superar o xaponés e ocupar a cuarta posición.

Fonte: O Diário

Unha experta das Nacións Unidas alerta do declive das linguas minoritarias no mundo

Nun informe presentado recentemente con motivo do Consello dos Dereitos Humanos das Nacións Unidas, a experta Rita Izsak declarou que se está producindo un declive preocupante das linguas minoritarias do mundo e nalgúns casos débese a factores como a globalización e os procesos de asimilación cultural.

Fonte: Kashmir Times

A ferramenta de tradución de Google incorpora cinco novas linguas e xa está dispoñible nun total de 70

O servizo de tradución de Google (Google tradutor) xa está dispoñible en máis de 70 idiomas. Recentemente incorporou o xavanés, o bosníaco, o cebuano, o homng e o maratí.

Fonte: Techtudo

O Ministerio de Educación arxentino debaterá incluír a cultura mbiá no currículo escolar

O Ministerio de Cultura, Educación, Ciencia e Tecnoloxía da Arxentina, a través da área de Educación Intercultural Bilingüe (EIB), realizará catro encontros, na escola Tajy Poty de Paraje Yacutinga, para discutir a implementación de contidos da cultura mbiá guaraní no currículo escolar das escolas que existen nas diferentes comunidades da provincia de Misiones.

Fonte: Territorio Digital

O Foro das Linguas de Toulouse aposta por unha identidade nacional francesa plural que recoñeza as linguas rexionais

Os impulsores do Foro das Linguas de Toulouse (Francia) insisten na necesidade de pechar o debate lingüístico facendo de Francia un estado "pluralista" e "democrático". Ao mesmo tempo, o Foro reclama que se redacte unha proposición de nacionalización das linguas e culturas de Francia.

Fonte: Nationalia

A Asemblea de Córsega aproba o estatuto de cooficialidade da lingua corsa

Os deputados presentes no momento da votación deron apoio por unanimidade á oficialización do corso. Porén, a aprobación non ten efecto legal inmediato: é a Asemblea Nacional francesa a que ten que outorgar a cooficialidade efectiva do corso e o francés. O estatuto adoptado prevé unha presenza importante do corso na Administración pública e na escola.

Fonte: Nationalia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder