Mundo
Catro linguas británicas están en perigo de desaparición
Unha nova lista de idiomas "ameazados" inclúe catro linguas das illas Británicas cuxo número de falantes está caendo de maneira preocupante. As linguas en cuestión son o inglés de Jersey, o francés de Guernsey, o manés e o córnico.
Fonte: The Independent
Anúnciase unha nova partida orzamentaria para a creación de centros de ensino de lingua galesa
Unha nova partida orzamentaria dun millón de libras esterlinas é o investimento que se destinará á creación de centros que promovan a aprendizaxe e o uso da lingua galesa, anunciou o ministro principal de Gales, Carwyn Jones.
Fonte: BBC
Os músicos deben contribuír á valorización das linguas nacionais angolanas
O músico e compositor Gabriel Tchiema apelou en Luanda os músicos angolanos a contribuíren á valorización e preservación das linguas nacionais co fin de fortalecer a identidade cultural etnolingüística de cada pobo ou tribo do país africano.
Fonte: ANGOP
A Organización Internacional da Francofonía presenta o seu relatorio sobre o estado do francés no mundo
O relatorio A lingua francesa no mundo - 2014, presentado recentemente pola Organización Internacional da Francofonía (OIF), mostra que existen 274 millóns de francófonos no mundo.
Critican o Goberno de Irlanda por empregar un tradutor automático para traducir textos que conmemoran o Alzamento de 1916
O Goberno irlandés recibiu críticas por empregar a ferramenta de tradución automática de Google para traducir ao irlandés as seccións do sitio que conmemora o Alzamento de Pascua de 1916.
Fonte: Silicon Republic
O Goberno portugués aproba a obrigatoriedade de cursar inglés a partir do terceiro ano de escolaridade
O Goberno de Portugal aprobou a obrigatoriedade de cursar a materia de inglés a partir do terceiro ano de escolaridade. A medida entrará en vigor a partir do próximo ano lectivo.
Fonte: Rádio Notícias
O francés perde forza como lingua de traballo nas organizacións internacionais
O número de francófonos aumentou no mundo un 7 % entre 2010 e 2014, ata chegar aos 274 millóns de persoas, o que converte o francés na quinta lingua máis falada no mundo. Pola contra, a súa importancia segue diminuíndo nas organizacións internacionais, subliña o relatorio A lingua francesa no mundo.
Fonte: La Presse
A falta de profesores e de materiais dificulta a expansión do portugués en Venezuela
A falta de profesores de portugués e de materiais de apoio están a dificultar a expansión da lingua portuguesa en Venezuela, informou o coordinador do Instituto Camões, Rainer Sousa.
Fonte: Notícias ao Minuto
Só 10 concelleiros da cidade de Dublín empregarán o irlandés para comunicarse cos seus electores
Tan só dez concelleiros da corporación municipal de Dublín, dun total de 63, manifestaron que poderían empregar o irlandés nas comunicacións cos seus electores.
Fonte: Herald.ie
O Museo de Luxemburgo ofrecerá visitas guiadas en portugués
O Museo Nacional de Historia e Arte de Luxemburgo ofrecerá visitas guiadas en portugués, unha forma de achegarse á comunidade portuguesa do país, informou á axencia Lusa a responsable de comunicación da institución.
Fonte: Mundo Português
Boletín
Subscríbase ao boletín