Mundo

Regúlase o uso da lingua de signos en Angola

A nova Lei das accesibilidades de Angola regula o uso da lingua de signos angolana e establece que os órganos públicos e privados deben a partir de agora ofrecer servizos de interpretación en actos públicos.

Fonte: Jornal de Angola

Australia ofrece un clima propicio para o rexurdimento das súas linguas indíxenas

O lingüista australiano Murray Garde declarou que a pesar da terrible perda lingüística dos últimos séculos en Australia, os tempos actuais presentan un clima propicio para o rexurdimento das súas linguas indíxenas. Segundo opina, unhas 20 linguas aborixes terían oportunidades de sobrevivir se se aplican as políticas de promoción axeitadas.

Fonte: The Guardian

A emisora nacional de radio da India emitirá programas en lingua baluchi

O Goberno da India aprobou a emisión de programas en lingua baluchi na emisora nacional india All India Radio (AIR, polas súas siglas en inglés). Os espazos radiofónicos nesta lingua destinaranse principalmente ás persoas que viven na provincia paquistaní de Baluchistán.

Fonte: The Huffington Post

A Asociación Portuguesa de Editores e Libreiros organiza unha feira en Belém dedicada ao libro lusófono

A Asociación Portuguesa de Editores e Libreiros (APEL, polas súas siglas en portugués) organiza a primeira Festa do Libro de Belém que se dedicará exclusivamente á literatura lusófona.

Fonte: Diário Digital

Un neno australiano recibe un premio humanitario por aprender a lingua de signos

Unha importante fundación benéfica outorgou un premio humanitario a un neno australiano de seis anos por aprender a lingua de signos para axudar un compañeiro de clase xordo.

Fonte: Notícias ao Minuto

Investigadores estadounidenses revelan que a lingua de signos pode ser beneficiosa para nenos con trastornos da fala

Investigadores da Universidade Penn State dos EUA revelaron que o uso terapéutico da lingua de signos pode ter efectos beneficiosos en nenos e nenas con problemas relacionados coa linguaxe como a apraxia da fala.

Fonte: Science Daily

O Museo da Lingua Portuguesa recibirá arquivos dixitais do Brasil

O ministro de Cultura do Brasil, Luís Filipe Castro Mendes, confirmou que o Goberno brasileiro enviará arquivos dixitais ao Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo despois de que un incendio destruíse parte das súas instalacións.

Fonte: Dnoticias

Unha plataforma dixital reforzará o ensino do portugués dos fillos de emigrantes

José Luís Carneiro, secretario de Estado das Comunidades Portuguesas, anunciou que Portugal vai crear unha plataforma dixital que permitirá mellorar e fortalecer o ensino da lingua portuguesa dos fillos de emigrantes transitorios.

Fonte: Luxemburger Wort

Escocia estudará introducir o polaco nas escolas

O secretario de Educación de Escocia, John Swinney, declarou que o Goberno escocés vai estudar a introdución do polaco no currículo escolar.

Fonte: Herald Scotland

Unha canle de televisión emitirá o primeiro anuncio en lingua de signos do Reino Unido

A canle pública da televisión británica Channel 4 emitirá o primeiro anuncio en lingua de signos. O espazo televisivo de 30 segundos de duración emitirase inicialmente sen subtítulos.

Fonte: The Guardian

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder