Mundo
O ministro de Educación de Malta inicia unha campaña para mellorar o nivel de uso da lingua inglesa
O ministro de Educación de Malta, Evarist Bartolo, está iniciando unha campaña para manter e mellorar os niveis de dominio da lingua inglesa no país insular. O programa inclúe unha revisión dos niveis de inglés do alumnado das escolas.
Fonte: Times of Malta
O fraco dominio da lingua portuguesa é unhas das limitacións do ensino en Angola
O ministro de Educación de Angola, Pinda Simão, declarou que unha das grandes limitacións do sistema de ensino en Angola é o fraco dominio da lingua portuguesa por parte do alumando e mesmo por algúns docentes.
Fonte: África 21 Digital
Unha empresa brasileira lanza un xogo en liña para aprender inglés por medio de éxitos musicais
Unha empresa brasileira de nova creación, Backpacker, lanzou un xogo en liña onde os usuarios poden aprender inglés por medio de éxitos musicais.
Fonte: Correio
As escolas do estado canadense de Ontario terán acceso a unha plataforma multimedia en lingua francesa
A ministra responsable de asuntos francófonos do estado canadense de Ontario, Madeleine Meilleur, anunciou que unha plataforma multimedia de lingua francesa estará á disposición do alumnado de francés como segunda lingua.
Fonte: La Presse
Macau presidirá a Asociación de Universidades de Lingua Portuguesa
A Universidade de Macau foi elixida para a presidencia da Asociación de Universidades de Lingua Portuguesa (AULP) para o trienio 2014-2017, declarou á Axencia Lusa o vicerreitor Rui Martins.
Fonte: Notícias ao Minuto
Un centro de investigación da cidade mexicana de Chihuahua pretende revitalizar as linguas indíxenas do norte de México
A Escola de Antropoloxía e Historia do Norte de México (EAHNM), con sede na cidade de Chihuahua, impulsa accións de investigación, documentación, valoración e fortalecemento das linguas indíxenas do norte do país, orientadas a propiciar a súa revitalización, ante o proceso de desprazamento que sufriron historicamente.
Fonte: El Sol de México
A Eurocámara impídelle á deputada Lidia Senra intervir en galego
A deputada de Alternativa Galega de Esquerda, Lidia Senra, tivo que empregar o castelán na Comisión de Agricultura da Eurocámara para que se recollese na acta a súa intervención.
Fonte: La Voz de Galicia
O partido húngaro de Romanía propón a creación dun goberno propio co húngaro e o romanés como linguas oficiais
A Unión Democrática Maxiar de Romanía (UDMR, principal partido da comunidade húngara de Transilvania) propuxo a creación dun consello e un goberno propios co húngaro e o romanés como linguas oficiais. Porén, o primeiro ministro de Romanía declarou que non está a favor "de ningún tipo de autonomía" territorial no país.
Fonte: Nationalia
Europa celebra o Día Europeo das Linguas
Concertos multilingües en Zagreb e Vilnius, unha exposición en París sobre a tradución da Odisea de Homero e minicursos de linguas nas bibliotecas berlinesas son algunhas das iniciativas programadas para celebrar a nova edición do Día Europeo das Linguas.
Fonte: West
Os alumnos portugueses aprenden cada vez máis español e menos inglés e francés
O inglés é a lingua estranxeira máis aprendida na Unión Europea. Máis do 96 % do alumnado está a aprender a lingua de Shakespeare. A continuación, seguen o francés, o alemán e o español. En Portugal, a aprendizaxe do inglés continúa a dominar, mais cun descenso significativo, e aumenta o número de estudantes de español.
Fonte: Jornal de Negócios
Boletín
Subscríbase ao boletín