Mundo

A compañía pública de radio e televisión de Irlanda lanzará novos contidos en liña en lingua irlandesa

A corporación pública de radiodifusión de Irlanda, RTÉ, anunciou que os sitios web RTÉ.ie e RTÉ News Now App contarán agora por primeira vez con contidos de noticias nacionais, internacionais e rexionais en lingua irlandesa.

Fonte: The Irish Times

Un grupo de funcionarios diplomáticos de Guinea Ecuatorial conclúe un curso de lingua portuguesa

Seis funcionarios diplomáticos de Guinea Ecuatorial concluíron en Portugal un curso intensivo de lingua e cultura portuguesas no marco dun protocolo de cooperación asinado entre os gobernos dos dous países.

Fonte: Portugal Digital

Tres escolas de ensino primario do sur de Turquía ofrecerán clases en lingua kurda

Tres escolas privadas de ensino primario ofrecerán a partir deste curso académico clases en lingua kurda nas provincias turcas de Diyarbakır, Şırnak e Hakkari.

Fonte: Today's Zaman

O Goberno de Australia lanza un programa para incentivar a aprendizaxe dunha segunda lingua entre os máis pequenos

O Goberno federal de Australia lanzará un programa piloto de 9,8 millóns de dólares australianos para animar os nenos de catro anos a aprender francés, árabe, indonesio, xaponés ou chinés mandarín.

Fonte: News

Dúas linguas indíxenas entran na lista de referencias culturais brasileiras

A Comisión Técnica do Inventario Nacional da Diversidade Lingüística do Brasil (INDL), pertencente ao Instituto de Patrimonio Histórico e Artístico Nacional, incluíu dúas linguas indíxenas (o asurini da terra de Trocará e o guaraní mbyá) na lista de referencias culturais brasileiras.

Fonte: EBC

Os habitantes do cantón suízo de Lucerna votarán a supresión dunha lingua do ensino primario

Os habitantes do cantón suízo de Lucerna pronunciaranse sobre a supresión dunha lingua estranxeira da escola primaria. Representantes de diferentes partidos políticos e a asociación de docentes do cantón recolleron máis de 7000 sinaturas para apoiar a iniciativa.

Fonte: RTS

Un colectivo en defensa da lingua bretoa demanda unha verdadeira política lingüística para o bretón

Membros do colectivo en defensa da lingua bretoa Ai'ta devolveron simbolicamente ao Consello Xeral do Departamento de Morbihan unha centena de sinais viarios escritos unicamente en francés para demandar "unha verdadeira política lingüística para a lingua bretoa".

Fonte: Le Télégramme

A Academia Brasileira de Letras lanza unha aplicación para consultar o Vocabulario da Lingua Portuguesa

A Academia Brasileira de Letras (ABL) lanzou unha aplicación gratuíta de consulta do Vocabulario Ortográfico da Lingua Portuguesa (Volp). Os usuarios desta aplicación para teléfonos intelixentes e tablets poderán consultar os case 400 000 termos que xa seguen as novas regras previstas no Acordo Ortográfico.

Fonte: O Povo

Unha profesora do estado brasileiro de Amapá documentará a lingua indíxena palikur

O proxecto para a documentación da lingua palikur da profesora brasileira Elissandra Barros recibirá financiamento dun programa de linguas ameazadas da Universidade de Londres. Ata 2015, a profesora documentará a cultura e a lingua falada polos indíxenas palikur da rexión norte do estado de Amapá.

Fonte: Globo

O ministro de Educación angolano garante que o país africano está a traballar sobre o acordo ortográfico

O ministro de Educación angolano, Pinda Simão, garantiu que o país "está a traballar" sobre o novo acordo ortográfico da lingua portuguesa, que Angola aínda non subscribiu, e que no "debido momento" será tomada unha decisión ao respecto.

Fonte: A Bola

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder