Mundo

Os partidos israelís de dereita proporán que o hebreo sexa a única lingua oficial de Israel

Os partidos da dereita israelí preparan unha proposta de lei para que o hebreo se converta na única lingua oficial de Israel, revelou o diario progresista Haaretz.

Fonte: Radio Intereconomía

O presidente de Kazajstán defende o ruso como lingua cooficial

O presidente de Kazajstán, Nursultán Nazarbáev, criticou o movemento radical que chama a rebaixar o status do ruso no país, e puxo como un exemplo negativo de tal medida a situación en Ucraína.

Fonte: Ria Novosti

Declaran o piemontés como patrimonio cultural da localidade arxentina de Sunchales

A medida tomouse ante o risco de desaparición deste idioma, como unha acción para que isto non ocorra e forme parte da cultura de Sunchales.

Fonte: Manifiesto Sunchales

Paraguai terá o seu propio arquivo histórico de linguas indíxenas

Organizado polo Centro de Estudos Antropolóxicos da Universidade Católica, xunto coa área de Ciencia e Tecnoloxía desa universidade, preséntase oficialmente o primeiro arquivo de linguas dos 20 pobos indíxenas de Paraguai.

Fonte: El Comercial

Especialistas brasileiros defenden o Acordo Ortográfico e rexeitan a simplificación da lingua portuguesa

A implantación do Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa (AO) foi defendida por un académico, un historiador e un lingüista brasileiros, que rexeitaron o proxecto de simplificación do idioma, analizado polo Senado brasileiro.

Fonte: Jornal I

Propoñen relegar o inglés a segunda lingua en Porto Rico

Un senador portorriqueño do partido gobernante lanzou a polémica proposta de establecer que o español sexa o primeiro idioma oficial da illa e que o inglés quede como segunda lingua deste Estado Libre Asociado aos Estados Unidos.

Fonte: Radio Intereconomía

Irán celebra unha conferencia internacional de promoción da lingua persa

A República Islámica de Irán é anfitrioa da IX Conferencia Internacional de Promoción do Idioma e a Literatura Persa, destinada a estudar a situación desta lingua, así como os últimos estudos realizados ao respecto.

Fonte: Entorno Inteligente

Segundo un estudo, o español é a lingua máis feliz do mundo

O español é a lingua máis feliz do mundo, segundo unha investigación da Universidade de Vermont (Estados Unidos) despois de analizar máis de 100 000 palabras de uso frecuente en 24 linguas diferentes.

Fonte: La Voz de Galicia

Unha asociación crea unha escola de linguas en Coímbra para romper os prexuízos que existen cara á comunidade inmigrante

A Asociación Facer Avanzar (AFA), constituída en Leiria (Portugal), abrirá en Coímbra unha escola de linguas e culturas para inmigrantes co fin de "romper prexuízos" e valorizar o intercambio de culturas.

Fonte: iOnline

Un programa de radio nos EUA pretende rescatar unha lingua en extinción dos Andes

A transmisión radiofónica "Quíchua Hatari" foi presentada nos Estados Unidos co fin de preservar a variante desta lingua orixinaria falada no Ecuador. Os expertos afirman que o uso do quechua está diminuíndo mundialmente, debido, en parte, ao aumento do uso do inglés e do español entre os falantes nativos.

Fonte: ZH

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder