Mundo

A CPLP elixe a mozambicana Marisa Mendonça para directora executiva do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa

A Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) elixiu a mozambicana Marisa Guião de Mendonça para o cargo de directora executiva do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa, en substitución de Gilvan Müller de Oliveira.

Fonte: RTP Notícias

Guinea Ecuatorial promete usar a lingua portuguesa e abolir a pena de morte

O ministro de Asuntos Exteriores de Timor Leste, José Luís Guterres, declarou que a razón da admisión de Guinea Ecuatorial na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) foi a decisión de adoptar o portugués como lingua oficial e pór fin á pena de morte, así como o feito de ser unha colonia portuguesa durante 300 anos, antes da colonización española.

Fonte: Jornal Digital

Estudosos consideran que a lingua portuguesa é un factor de exclusión en Mozambique

Adoptado como lingua oficial polo Estado mozambicano despois da independencia do país o 25 de xuño de 1975, o portugués vive no país africano o paradoxo de ser a lingua da unidade nacional e falado por só unha minoría, constituída, principalmente, polas elites da terra. Por este motivo, algúns estudosos mozambicanos consideran que a lingua portuguesa é un factor de exclusión.

Fonte: Público

Os oficiais do exército británico deberán falar linguas estranxeiras

Os oficiais do exército británico non poderán ascender en rango se non falan como mínimo unha lingua estranxeira, preferentemente francés ou árabe, informaron fontes do exército ao xornal Financial Times. A nova medida, que entrará en vigor a partir do outono, afectará centos de destacamentos do exército.

Fonte: Financial Times

Unha empresa galesa lanza unha aplicación que permite traducir obras de teatro

Unha empresa do ámbito do teatro do País de Gales lanzará unha aplicación que traducirá partes de obras de teatro do galés ao inglés. A aplicación permitiralles aos espectadores escoitar partes importantes de obras e resumos de escenas en inglés por medio de auriculares.

Fonte: BBC

Un proxecto piloto de ensino bilingüe desenvolvido en Cabo Verde facilita o dominio do portugués

Un proxecto piloto de ensino bilingüe, portugués e crioulo, implementado no primeiro ano dunha escola de ensino primario de Cabo Verde facilitou o dominio do portugués. A administradora responsable do proxecto adiantou que o Ministerio de Educación do país africano está considerando aplicar o proxecto a máis escolas doutros distritos.

Fonte: Público

Yolanda Lastra é elixida por unanimidade membro da Academia Mexicana da Lingua

Pola súa traxectoria en lingüística antropolóxica e as súas achegas ao coñecemento e conservación das linguas indíxenas, Yolanda Lastra foi elixida por unanimidade membro de número da Academia Mexicana da Lingua (AML).

Fonte: El Sol de México

A localidade portuguesa de Minde acolle cursos internacionais de revitalización de linguas ameazadas

A escola de verán "Codificación para comunidades lingüísticas" de Minde (Portugal) traballará na creación de solucións para a falta de hardware e software en linguas ameazadas, co fin de que "todos os idiomas poidan ser utilizados no día a día con recursos adecuados", declarou á axencia de noticias Lusa a presidenta do Centro Interdisciplinar de Documentación Lingüística e Social (CIDLeS).

Fonte: Jornali

Unha nova aplicación facilita a aprendizaxe de idiomas

O MossaLingua, unha nova aplicación do ámbito lingüístico, consolidada no mercado europeo, chega agora ao Brasil co fin de facilitar a aprendizaxe de cinco linguas (inglés, español, francés, italiano e alemán) en terminais de iOS e Android.

Fonte: TecMundo

Un estudo mostra que moitos falantes de galés empregan o inglés nas redes sociais

Malia as iniciativas no País de Gales que animan as persoas que falan galés a empregaren esta lingua nas novas tecnoloxías, un estudo realizado pola empresa Mentrau Iaith Cymru mostrou que un cuarto de todos os falantes de galés cambian ao inglés cando utilizan as redes sociais.

Fonte: Wales Online

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder