Mundo

Mozambique quere aumentar as horas de ensino de portugués nas escolas primarias

O Ministerio de Educación mozambicano pretende aumentar a carga horaria das clases de lingua portuguesa no primeiro ciclo de Primaria, como parte da promoción da calidade de ensino no país.

Fonte: Sapo Notícias

O Senado Federal do Brasil propón unha nova reforma para a lingua portuguesa

O Senado Federal propuxo novos cambios na lingua portuguesa. O proxecto inclúe, entre outras modificacións, a eliminación da letra "h" no inicio das palabras e da letra "u" en "queijo", por exemplo, ademais da substitución do "ch" por "x".

Fonte: O Povo

Nova York é a cidade que concentra a maior diversidade lingüística no mundo

Centos de linguas e dialectos poden escoitarse en barrios densamente poboados por inmigrantes como Brooklyn e Queens. Un percorrido pola avenida Roosevelt ilustra o colosal mosaico étnico.

Fonte: Televisa

Prexuízos e discriminación deixan o quechua en desuso no Perú

Centenares de peruanos de distintas provincias onde se fala fluidamente o quechua deixan de expresarse na súa lingua de orixe cando migran a cidades como Arequipa para evitar ser maltratados.

Fonte: La República

Os estudantes flamengos teñen cada vez peor nivel de francés

O coñecemento da lingua francesa polos estudantes flamengos no primeiro ano da universidade non foi nunca tan malo.

Fonte: RTL

Alertan do risco de desaparición das linguas aborixes de Taiwán

Con motivo da publicación dun informe nacional sobre o estado das linguas aborixe realizado polo Ministerio de Asuntos Aborixes, o ministro Mayaw Dongi mostrou a súa preocupación fronte ao declive destas linguas.

Fonte: Taiwan Info

A celebración da semana da lingua guaraní busca o uso do idioma en todo Paraguai

A semana da lingua guaraní ten como obxectivo que ese idioma, oficial xunto ao español, se fale en todos os ámbitos da sociedade, especialmente nos menos habituais, como empresas e Administración pública, segundo informou a Secretaría de Políticas Lingüísticas.

Fonte: Última Hora

A prensa británica destaca que o español vai superar o francés como idioma estranxeiro máis popular nos colexios

The Telegraph ou The Independent, entre outros, recollen o informe sobre educación secundaria que revela un significativo aumento do número de alumnos que estudan español en Reino Unido, fronte a un descenso do francés e o alemán.

Fonte: Radio Cable

Google actualiza Google Now, que agora permite falar diferentes idiomas sen cambiar a configuración

Máis da metade da poboación mundial fala máis dun idioma. Para eles, Google actualizou Google Now, que agora permite falar en máis dun idioma sen necesidade de especificar lingua ou cambiar a configuración.

Fonte: Softonic

Un grupo de mozos impulsa a presenza da lingua aimará na rede

Un equipo de mozos interesados na lingüística iniciou a tarefa de impulsar a presenza do idioma aimará na rede a través de blogs e redes sociais.

Fonte: Bolivia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder