Mundo
A Asemblea Nacional de Paquistán rexeita unha lei que garantía a oficialidade das linguas rexionais
O comité permanente de xustiza da Asemblea Nacional de Paquistán rexeitou por maioría unha lei que buscaba garantir o status de lingua nacional para os idiomas rexionais.
Fonte: Dawn
A cidade de Cardiff contará cun novo centro para a aprendizaxe da lingua galesa
O máis alto representante do Concello de Cardiff, Phil Bale, anunciou que a capital galesa contará cun novo centro para a aprendizaxe do galés. A decisión foi revelada con motivo da celebración do festival anual da lingua galesa Tafwyl.
Fonte: BBC
A Academia Latina das Artes dos EUA outórgalles o premio Grammy a dous artistas lusófonos
A Academia Latina das Artes e Ciencias da Gravación dos Estados Unidos outorgaralles o premio Grammy de carreira a dous artistas lusófonos, o fadista portugués Carlos do Carmo, de 74 anos, e o cantante brasileiro Ney Matogrosso, de 72.
Fonte: Euronews
A canle de televisión en lingua galesa S4C será unha das primeiras en adoptar o dominio .cymru
O sitio web da televisión pública en lingua galesa S4C será un dos primeiros en utilizar os novos dominios .cymru e .wales en internet. O director de contidos da canle, Garffild Lloyd Lewis, declarou que "Mudarse aos dominios .cymru e .wales fortalecerá o status da única canle de televisión en lingua galesa do mundo".
Fonte: South Wales Evening Post
Unhas xornadas educativas analizarán o ensino da lingua portuguesa e dos idiomas nacionais en Angola
As metodoloxías de ensino da lingua portuguesa e a importancia do ensino das linguas nacionais serán algúns dos temas tratados nas II Xornadas Científico-pedagóxicas da Escola de Formación de Profesores (EFP) de Angola.
Fonte: ANGOP
Amplíase a oferta de canles de televisión en lingua italiana no cantón suízo de Tesino
A empresa de telecomunicacións Swisscom ofrecerá 16 novas canles de televisión para os clientes de lingua italiana do cantón suízo de Tesino.
Fonte: Tio
Cavaco Silva considera a lingua portuguesa e os dereitos humanos valores identitarios da CPLP
O presidente da República de Portugal, Cavaco Silva, defendeu en Dili (Timor Leste) que a lingua portuguesa e a defensa da paz, a democracia e os dereitos humanos son valores identitarios da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) e deben continuar a determinar as súas decisións.
Fonte: Notícias ao Minuto
Guinea Ecuatorial anuncia a súa adhesión á CPLP en varias linguas, mais non en portugués
O Goberno de Guinea Ecuatorial anunciou a súa adhesión á Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) no seu sitio oficial en internet en español, inglés e francés mais non en portugués.
Fonte: Económico
O novo ministro responsable das zonas de fala irlandesa da República de Irlanda non fala irlandés con fluidez
A designación de Joe McHugh como novo ministro das zonas de fala irlandesa ("Gaeltacht") levantou fortes críticas nalgúns sectores da sociedade irlandesa xa que non fala a lingua con fluidez. A primeira acción do ministro foi inscribirse nun curso de irlandés na localidade de Glencolmcoille.
Fonte: RTE
Investigadores do Porto crean unha ferramenta para traducir a lingua de signos
Un equipo de investigadores do Instituto Superior de Enxeñería do Porto (ISEP) está a desenvolver unha ferramenta de tradución bilateral da lingua de signos portuguesa que permitirá identificar xestos, movementos corporais e faciais e traducilos a texto.
Fonte: Público
Boletín
Subscríbase ao boletín