Mundo

Medra o interese pola lingua árabe en Israel

O número de estudantes inscritos en cursos de lingua árabe en Israel incrementouse nun 140 % desde o comezo da ofensiva sobre Gaza, anunciou a escola de linguas Berlitz. O director desta escola defendeu que outro dos motivos deste incremento é o sistema educativo de Israel que non garante a aprendizaxe da lingua árabe.

Fonte: The Jerusalem Post

Un proxecto velará pola protección das linguas indias ameazadas

O Goberno indio, por medio do Instituto Central de Linguas Indias, lanzou un proxecto para protexer, preservar e documentar as linguas indias ameazadas que teñan menos de 10 000 falantes.

Fonte: Daijiworld

Necesítanse miles de mestres en linguas indíxenas no Perú

No Perú son necesarios máis de 21 000 mestres con dominio de linguas indíxenas para atender un millón de escolares cuxa lingua materna non é o español, informou o goberno.

Fonte: Panorama

Un estudo revela que a música axuda na aprendizaxe de linguas estranxeiras

A música non é só un pasatempo entretido, senón unha fonte que pode achegar un notable desenvolvemento nas capacidades dos nenos para ler ou falar linguas estranxeiras. Así o demostra unha nova investigación levada a cabo por científicos estadounidenses na que participaron centos de nenos.

Fonte: HispanTV

Interrompen un programa en linguas rexionais nas escolas dun estado de Paquistán

O programa polo que a linguas rexionais foran introducidas como unha materia obrigatoria nas escolas de Khyber Pakhtunkhwa durante o último ano académico chegou a un punto morto.

Fonte: Dawn

A terceira parte dos habitantes de Iucatán fala algunha lingua indíxena

En Iucatán, a poboación de máis de tres anos que fala maia representa 537 618 habitantes, é dicir, o 98,66 % do total de falantes de linguas indíxenas na entidade.

Fonte: Milenio

Estudantes universitarios realizan por primeira vez en Bolivia teses de licenciatura en linguas orixinarias

Presentáronse en total de 118 traballos de investigación nas tres Universidades Indíxenas de Bolivia (Unibol), o 80 por cento escritos en mojeño, weenhayek, bésiro, guaraní, aimará e quechua; o resto, 20 por cento, en castelán.

Fonte: Spanish.china.org.cn

Descobren a existencia de dous grandes 'superdialectos' do español en Twitter

O primeiro estudo de dialectos do español en Twitter, realizado polo Instituto de Física Interdisciplinar e Sistemas Complexos, Ifisc (CSIC-UIB, España) e da Universidade de Toulon (Francia), revela a existencia de dous 'grandes superdialectos', un compartido en grandes cidades españolas e americanas e outro en zonas rurais.

Fonte: Europa Press

Expertos venezolanos apoian a recuperación da lingua ancestral do pobo indíxena cumanagoto

Expertos do Instituto Venezolano de Investigacións Científicas (IVIC) resaltaron o apoio ao pobo indíxena cumanagoto no rescate da súa lingua ancestral, como parte dun proceso de rexurdimento da súa identidade.

Fonte: Prensa Latina

O 60 % da poboación indíxena mexicana xa non fala a súa lingua materna

A subdirectora de Políticas de Desenvolvemento, Promoción e Divulgación das Linguas do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (Inali), Alejandra Arellano Martínez, afirmou que o 60 % da poboación indíxena no país xa non fala a súa lingua materna.

Fonte: El Universal

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder