Mundo
Morre Pèire Bèc, un dos pais do occitano estándar e da norma ortográfica do aranés
Pèire Bèc, o gran escritor e lingüista occitano, morreu á idade de 92 anos. Occitania acaba de perder un militante destacado e un dos seus principais especialistas en dialectoloxía, lingua estándar, lingua medieval e literatura. Bèc foi o primeiro en facer un traballo científico para estandarizar o occitano sobre unha base racional e sistemática, nos inicios dos anos setenta. En 1982 formou parte da comisión que fixou a norma ortográfica do aranés, oficializada no ano 1983.
Fonte: Nationalia
O Centro de Formación en Comunicación de Timor Leste promove o ensino da lingua portuguesa
Varios funcionarios públicos e xornalistas timorenses comezarán unha formación en lingua portuguesa, anunciou o Centro de Formación Técnica en Comunicación (CEFTEC) do Goberno timorense. O obxectivo é "garantir os coñecementos mínimos e necesarios" en lingua portuguesa, "especialmente dos profesionais" que participan na organización do cumio de xefes de Estado e de Goberno da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).
Fonte: Notícias ao Minuto
O Goberno galés fomentará o uso do galés nos medios dixitais
O ministro principal do País de Gales, Carwyn Jones, anunciou que o Goberno destinará unha partida económica para fomentar as actividades que faciliten o uso da lingua galesa na tecnoloxía e nos medios dixitais.
Fonte: Heart
Un informe do condado galés de Gwynedd obriga os empregados públicos a falar galés
Un informe do comité da lingua galesa do condado galés de Gwynedd establece que os empregados públicos dos centros de lecer poderán ser expedientados se non falan galés cos cidadáns que se dirixan a eles nesa lingua.
Fonte: BBC
A lingua portuguesa introducirase no sistema educativo oficial de Luxemburgo
O Goberno de Luxemburgo considera o ensino do portugués un "valor engadido" e incluirá esta lingua no currículo académico a partir do próximo ano lectivo, anunciou o ministro portugués de Educación, Nuno Crato. O ministro de Educación de Luxemburgo subliñou a importancia da lingua materna para a aprendizaxe doutros idiomas e eloxiou os esforzos feitos por Portugal na organización dos cursos de lingua portuguesa para emigrantes portugueses no país.
Fonte: Jornali
Profesores de lingua portuguesa de Venezuela crean unha asociación que congregará os profesionais do sector
Media centena de docentes participaron nun encontro en Caracas (Venezuela) no que decidiron fundar unha asociación co obxectivo de congregar os profesionais do sector. Segundo Sofia Saraiva, a nova asociación centrarase "na uniformización de criterios e na creación de pontes de comunicación para a certificación de profesores entre entidades venezolanas e portuguesas".
Fonte: Notícias ao Minuto
Publícase "O libro da selva" en gaélico manés
A obra do autor Rudyard Kipling, O libro da selva, está agora dispoñible en gaélico manés en forma de libro animado.
Fonte: IOMToday
O servizo de correo electrónico Gmail está dispoñible en 13 novas linguas
Google anunciou que o seu servizo de correo electrónico Gmail está a partir de agora dispoñible en 13 novas linguas: africáner, armenio, azerí (Acerbaixán), chinés de Hong Kong, francés canadense, galego, cambodjano, laosiano, mongol, nepalés, cingalés, xeorxiano e zulú. En total, o servizo está dispoñible en 71 linguas.
Fonte: Kulture Geek
O Festival das Artes celebra o patrimonio da lingua portuguesa cun espectáculo en Coímbra
O Festival das Artes de Coímbra celebrará o patrimonio da lingua portuguesa nun espectáculo que cruza a poesía con diferentes xéneros musicais como a samba ou o fado.
Fonte: As Beiras
A Dirección Rexional das Comunidades dos Azores salienta o papel dos profesores de portugués nos EUA
O director rexional das Comunidades dos Azores destacou en Ponta Delgada o traballo desenvolvido polos profesores de lingua portuguesa nos Estados Unidos de América tendo en conta a “promoción, preservación e divulgación da lusofonía” naquel país.
Fonte: Local.pt
Boletín
Subscríbase ao boletín