Mundo

Investigadores estadounidenses analizan os cambios do quechua

Un grupo de investigadores estadounidense está a estudar a situación do quechua na poboación ecuatoriana de Salasaka. A través da realización de entrevistas analizan aspectos como a súa vitalidade e vixencia ou a convivencia co español.

Fonte: El Comercio

A Secretaría de Educación do Estado de São Paulo promoverá o ensino do xaponés nas escolas

Grazas á sinatura dun protocolo coa Fundación Xapón, fomentarase o ensino e a aprendizaxe da lingua xaponesa nas escolas do estado e a formación do profesorado.

Fonte: Secretaria da Educação do Estado de São Paulo

Segundo unha enquisa, o 76 % da poboación do departamento francés de Pireneos Orientais está a favor do bilingüismo nas escolas

A enquisa foi realizada entre un total de 1700 persoas representativas da poboación e achega diversas conclusións sobre o emprego e o coñecemento do catalán na zona.

Fonte: La Vanguardia

Un foro e unha exposición fotográfica en Lima difundirán a lingua e a cultura jaqaru

A Universidade Nacional Maior de San Marcos, en Lima, acollerá o VI Foro cultural, o jaqaru: lingua e cultura (pasado, presente e futuro), no que participarán lingüistas, historiadores e arqueólogos.

Fonte: Andina

Preséntase un dicionario básico de mapuche

O Diccionario Básico del Idioma Mapuche preséntase no municipio arxentino de Quilmes o 19 de agosto.

Fonte: Perspectiva Sur

O Goberno de Ucraína quere converter o ucraíno nunha lingua de comunicación internacional

Segundo a ministra de Educación e Ciencia deste país, xa se desenvolveu unha norma internacional do ucraíno e preténdese introducir un exame para as persoas estranxeiras que o queiran aprender como segunda lingua.

Fonte: Sputnik

Os pobos orixinarios de Arxentina poderán formular denuncias na súa lingua

Os pobos orixinarios xa teñen á súa disposición formularios na súa lingua para levar a cabo xestións e denuncias ante o Valedor do Pobo de Arxentina.

Fonte: Segundo Enfoque

Celébrase en Paraguai a semana da lingua guaraní

Do 22 ao 27 de agosto celébrase a semana da lingua guaraní co obxectivo de promover e normalizar o uso oral e escrito deste idioma.

Fonte: Hoy

Inaugúrase o primeiro motor de busca en lingua tibetana

O motor de busca yongzin.com constitúe un portal unificado para os principais sitios web en lingua tibetana en China.

Fonte: Spanhish.China

As papeletas electorais de Bolivia incorporarán o idioma orixinario

Os Tribunais Electorais aprobaron o deseño das papeletas electorais nas que, como novidade, se incorporará o idioma orixinario como recoñecemento da plurinacionalidade de Bolivia.

Fonte: Eju

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder