Lusofonía

Luxemburgo conmemora o Día Internacional da Lingua Portuguesa con música lusófona

O Centro Cultural Portugués Camões de Luxemburgo, en colaboración coa Embaixada de Portugal e a Embaixada de Cabo Verde, realizará un concerto de música lusófona para celebrar o Día Mundial da Lingua Portuguesa, data proclamada pola Unesco.

Fonte: Bom dia

Cada vez máis persoas migrantes procedentes de países de lingua oficial portuguesa desexan traballar en Portugal

A ministra de Traballo de Portugal, Ana Mendes Godinho, informou de que se está a incrementar o número de persoas migrantes procedentes de países de lingua oficial portuguesa que queren vivir e traballar en Portugal.

Fonte: Mundo Lusíada

O festival cultural Converxencias Portugal-Galicia homenaxea a Rosalía de Castro ás dúas beiras do Miño

A 9ª edición do festival cultural Converxencias Portugal-Galicia homenaxeará a Rosalía de Castro nas localidades de Braga (Portugal), Ponteareas e Santiago de Compostela a través da música, da danza, do teatro, do cine, dos faladoiros, da poesía, das exposicións e das visitas guiadas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O presidente do Parlamento galego reúnese co presidente da Asemblea Lexislativa de Portugal para amosarlle o interese de Galicia por afondar nas relacións coa lusofonía

O presidente do Parlamento de Galicia reuniuse en Lisboa co  presidente da Asemblea Lexislativa da República de Portugal ao que lle trasladou o interese de Galicia por afondar nas relacións cos países e comunidades de lingua portuguesa.

Fonte: Parlamento de Galicia

A Universidade do Porto edita un libro de portugués como lingua non materna

A casa editorial da Universidade do Porto publicou o ensaio Português Língua Não Materna: Contextos, Estatutos e Práticas de Ensino numa Visão Crítica. A obra pretende ofrecer ás lectoras e lectores unha perspectiva actualizada do ensino do portugués en varios países.

Fonte: Notícias Universidade do Porto

A Xunta reforza o portugués en Galicia coa posta en marcha do Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade

O Goberno galego segue traballando no cumprimento da Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, coñecida comunmente como Lei Paz Andrade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Portugal apela á participación de todas as nacións lusófonas na internacionalización da lingua portuguesa

O secretario de Estado da Cooperación de Portugal, Francisco André, defendeu o compromiso de todos os estados da comunidade lusófona nos proxectos do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP) para a promoción e internacionalización do portugués.

Fonte: Notícias ao Minuto

A Xunta porá en marcha o vindeiro ano o observatorio da lusofonía Valentín Paz Andrade

A Xunta porá en marcha o Observatorio da lusofonía Valentín Paz Andrade o vindeiro ano, tras o cumprimento de todos os trámites precisos e as correspondentes audiencia e información públicas. Creado co obxectivo de servir como instrumento de consenso para adoptar medidas relacionadas coa lusofonía en Galicia, a nova entidade dependerá da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e terá a vicepresidencia a cargo da consellería competente en Política Lingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Un novo web promove entre a mocidade creacións musicais e poéticas galegas e portuguesas co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación da aplicación web play.aritmar.com, impulsada pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades co obxectivo de promover a música e a poesía galegas e portuguesas, especialmente entre a mocidade.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Vigo acollerá un encontro para o intercambio lingüístico e cultural entre territorios lusófonos

A Casa da Lusofonía de Vigo acollerá o 17 de xuño Conexões, un coloquio impulsado pola mocidade de oito territorios de fala portuguesa que buscan combater o descoñecemento mutuo grazas á lingua e ao intercambio cultural.

Fonte: Nós Diario

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder