Lusofonía
Demandan máis prazas de portugués no ensino galego

A Asociación de Docentes de Portugués en Galicia (DPG, polas súas siglas en portugués) demandou ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que se incremente o número de prazas de portugués nas oposicións e que, por primeira vez, se dispoña de profesorado de portugués no ensino primario.
Fonte: Nós Diario
Preto de 5000 persoas estudan portugués de forma oficial en Galicia, case cinco veces máis que cando entrou en vigor a Lei Paz Andrade

Case 5000 persoas estudan portugués de forma oficial en Galicia ao abeiro das medidas postas en funcionamento pola Xunta en cumprimento da Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, coñecida comunmente como Lei Paz Andrade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Preséntase o proxecto 'Meniños Cantores 2', unha iniciativa que busca recuperar o patrimonio oral galego-portugués

O Consello da Cultura Galega presentou o proxecto 'Meniños Cantores 2', despois de 16 anos da súa primeira edición. Trátase dunha iniciativa coa que se pretende recuperar o patrimonio oral galego-portugués na que participan 17 centros educativos da fronteira entre Galicia e Portugal.
Fonte: Galicia Confidencial
O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle os deseños do referente da arte moderna portuguesa José de Almada Negreiros
O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle a exposición «Fábulas de Almada Negreiros », composta por diferentes ilustracións do referente da arte moderna portuguesa José de Almada Negreiros.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócase o IV Certame de podcasts en galego e portugués Xosé Mosquera Pérez «O vello dos contos»

Os Premios de podcasts en galego e portugués Xosé Mosquera Pérez "O vello dos contos" están dirixidos a alumnado de primaria (quinto e sexto curso) e secundaria de Galicia, así como de centros que imparten ensinanzas de galego de réxime xeral fóra da comunidade. Tamén pode participar o alumnado de 10 a 18 anos dos centros educativos públicos do norte de Portugal.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta promove a gala aRi[t]mar con propostas musicais e poéticas nunha edición protagonizada por mulleres

A gala aRi[t]mar Galiza e Portugal chega á súa sexta edición cun espectáculo protagonizado por mulleres que reunirá no Auditorio de Galicia as cantantes Guadi Galego e Cláudia Pascoal e as poetas Rosalía Fernández Rial e Márcia, as catro premiadas nas categorías de mellor música e poesía galega e portuguesa do pasado ano, respectivamente.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta salienta o esforzo realizado no aproveitamento da lingua portuguesa e os vínculos coa lusofonía

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou no acto de inauguración da conferencia Portugués, Multilingüismo e Ensino a Distancia, organizada pola Academia Galega de Lingua Portuguesa e a Comisión Técnica de Promoción e Difusión da Lingua Portuguesa, que conta co patrocinio da Xunta e a colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, entre outras institucións.
Fonte: Xunta de Galicia
Ponse en marcha unha campaña para animar o alumnado galego a que se inscriba na materia de portugués

A asociación Docentes de Português na Galiza (DPG) lanzou o vídeo "Amor à primeira vista" como parte da campaña para animar o alumnado de ESO e bacharelato a que se inscriba na materia de portugués. Nel expóñense as vantaxes de aprendizaxe que teñen os galegofalantes pola proximidade entre esa lingua e o galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín