Lusofonía

A Dirección Xeral de Cooperación de Portugal lanza dous cursos de portugués para migrantes e lusodescendentes

A Universidade da Madeira (UMa) e a Dirección Rexional das Comunidades e Cooperación Externa (DRCCE) de Portugal lanzaron dous cursos en liña de lingua portuguesa destinados a lusodescendenes e migrantes para fortalecer os lazos culturais coa diáspora e apoiar a integración da comunidade estranxeira na Rexión Autónoma de Madeira.

 Fonte: JM de Madeira 

A Xunta destaca o vínculo co portugués como un piar na renovación do Plan de Normalización da Lingua

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Bértolo, participaron na primeira reunión de traballo do Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade, que quedou constituído no pasado mes de outubro co obxectivo de impulsar as relacións sociais, culturais e económicas cos países lusófonos aproveitando a proximidade dos dous idiomas.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

​Estudantes madeirenses chegan por primeira vez á final das Olimpíadas da Lingua Portuguesa

O arquipélago de Madeira participará por primeira vez na final nacional das Olimpíadas da Lingua Portuguesa, grazas á clasificación de dous estudantes que se clasificaron para a terceira e última fase do certame. Esta iniciativa ten como obxectivo fomentar o uso correcto e consciente do portugués entre o alumnado do 3.º ciclo do ensino básico e do ensino secundario.

Fonte: Dnotícias

O uso do portugués fortalécese en África

O papel da educación e os procesos de urbanización en África están a impulsar o uso do portugués en países como Angola e Mozambique, o que contribúe a consolidar o seu status como lingua global.

Fonte: Público

Angola recoñece a lingua portuguesa e as linguas nacionais nun paquete lexislativo inclusivo

O goberno de Angola aprobou un paquete lexislativo que recoñece a lingua portuguesa, as linguas angolanas de orixe africana, a lingua de signos angolana e o sistema braille como linguas do país. Esta iniciativa busca promover a equidade lingüística e fomentar unha política inclusiva que reflicta a diversidade cultural de Angola.

Fonte: Diário de Notícias

O goberno de Timor Leste aproba unha partida orzamentaria para promover a lingua portuguesa

O goberno de Timor Leste aproba un orzamento superior a 155 000 dólares destinado a promover a lingua portuguesa no país. Esta medida inclúe a difusión do portugués a través de medios de comunicación e a formación de profesionais.

Fonte: Observador

O Brasil e Portugal comprométense a que o portugués se converta en lingua de traballo na ONU

O presidente do Brasil e o primeiro ministro de Portugal asinaron un acordo para que o Instituto Guimarães Rosa e o Instituto Camões asuman o compromiso de converter o portugués en lingua de traballo da ONU.

Fonte: Público

 

Adélia Prado recibe o Premio Camões 2024

A poeta e novelista brasileira Adélia Prado foi distinguida co Premio Camões 2024. Aos 89 anos, a autora, cuxa traxectoria literaria enriqueceu profundamente a lingua portuguesa e a cultura lusófona, recibiu o galardón a través do seu fillo, xa que non puido asistir á cerimonia por motivos de saúde.

Fonte: RTP

A Xunta abre o prazo do premio de relato curto ‘Nortear’ para obras escritas en galego ou portugués

A Xunta de Galicia abriu o prazo para participar na 11º edición do premio de relato curto Nortear que recoñece obras en galego ou portugués e está impulsado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte I.P.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta reforza os lazos coa lusofonía na XI edición do Festival Converxencias Portugal-Galicia

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou unha nova edición do Festival Converxencias Portugal-Galicia, que celebra a súa 11ª convocatoria cunha ampla programación composta por música, danza, teatro, cinema e literatura. Trátase dunha iniciativa que, tal e como salientou, aposta por “reforzar os lazos entre o galego e mundo lusófono”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder