Lusofonía
Valentín García participa na presentación do Festival Castro Galaico de Nogueiró
O Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, acolleu a presentación da XIV edición do Castro Galaico-Festival de Nogueiró, organizado polo Grupo Canto D’Aqui e o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O alumnado galego que estude portugués no seu centro educativo poderá acreditar o seu nivel lingüístico de xeito gratuíto

O alumnado que estude portugués como primeira ou segunda lingua estranxeira nos centros educativos galegos poderá acreditar de xeito gratuíto o seu nivel lingüístico a partir do vindeiro curso, a través do Instituto Camões.
Fonte: Xunta de Galicia
López Campos garante no Parlamento o compromiso da Xunta co fortalecemento dos vínculos lusófonos
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, garantiu no Parlamento de Galicia que o Goberno galego continuará desenvolvendo e fortalecendo os vínculos coa lusofonía.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un libro derruba preconceptos sobre as orixes da lingua portuguesa

O lingüista portugués Fernando Venâncio segue a derrubar prexuízos sobre a lingua portuguesa no seu libro Assim nasceu uma língua: Sobre as origens do português, recentemente editado no Brasil. O autor desafía a visión tradicional e revela que o portugués deriva do galego.
Fonte: VEJA
A CPLP quere fomentar o uso e o recoñecemento internacional da lingua portuguesa
A Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP, polas súas siglas en portugués) propuxo en Lisboa sete medidas aos observadores consultivos da organización para que se faga todo o posible por promover e fortalecer o uso e recoñecemento do portugués a nivel internacional.
Fonte: Executive Digest
O primeiro ministro portugués quere que o portugués sexa lingua oficial da ONU
O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, insta os estados da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP) a que unan esforzos para que o portugués se converta en lingua oficial da ONU até 2030.
Fonte: ECO Sapo
A Unesco celebra o Día Mundial da Lingua Portuguesa

O 5 de maio, as Nacións Unidas conmemoran o Día Mundial da Lingua Portuguesa. Trátase dunha data de importancia mundial xa que, en palabras do seu secretario xeral, o portugués António Guterres, a lingua portuguesa "é un tesouro inestimable que transcende fronteiras e océanos" e é un “vehículo dunha riqueza cultural extraordinaria que une comunidades e nacións en diferentes partes do mundo”.
Fonte: ONU News
A cidade portuguesa de Braga convértese en epicentro da reflexión sobre a relación entre Galicia e os países lusófonos

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na apertura oficial do XIV Congreso Internacional da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), que arranca na cidade portuguesa de Braga e cuxo obxectivo é crear un espazo para a reflexión sobre a relación entre Galicia e os estudos galegos e a denominada lusofonía.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Senado do Brasil asina un acordo de cooperación técnica co fin de difundir a lingua portuguesa
A Cámara Municipal de Coímbra (Portugal), a Asociación Portugal Brasil 200 Anos e o Senado do Brasil asinaron un acordo de cooperación que pon o foco na valorización, recoñecemento e difusión da lingua portuguesa.
Fonte: Agência Senado
Galicia acolle por primeira vez o congreso PROPOR, o máis importante do mundo en procesamento da lingua portuguesa

A décimo sexta edición do Congreso Internacional sobre Procesamento Computacional do Portugués (PROPOR-2024) ten lugar en Galicia por primeira vez na historia. Trátase do evento principal no ámbito do procesamento da linguaxe natural e a intelixencia artificial arredor do portugués escrito e falado.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín