Tecido económico
O presidente da Xunta e Víctor Freixanes avalían as liñas de colaboración para seguir traballando a prol da lingua e a súa difusión

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, avaliaron as liñas de colaboración para seguir traballando a prol da lingua e a súa difusión. Durante a xuntanza, ambos coincidiron na necesidade de seguir fomentando o uso do galego entre a xuventude e nas empresas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta apoia o sector editorial galego cunha axuda de 200 000 € para gastos de edición, distribución e comercialización das súas publicacións
A Xunta de Galicia vén de convocar unha liña de axudas dotada con 200 000 euros dirixida ao sector editorial galego co obxectivo de impulsar a distribución das obras editadas e, deste xeito, facilitar que cheguen ao público lector.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Un total de 85 concellos benefíciase das axudas da Xunta para promover o galego desde o ámbito local
Un total de 85 concellos de toda Galicia benefíciase das axudas da Xunta para a promoción do uso da lingua galega. O Goberno galego, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, destina unha partida de 350 000 euros a esta acción.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta renova o apoio a Culturgal para contribuír á recuperación da súa esencia como feira

Culturgal presentou un avance das principais liñas arredor das que desenvolverá a súa edición de 2021, que terá lugar do 26 ao 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra e para a que volverá contar co apoio económico da Xunta de Galicia como principal entidade patrocinadora.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta e a Fundación Repsol renovan a súa colaboración no impulso da lingua galega a través da XV edición do Premio de Narrativa Breve

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a directora de Relacións Externas de Fundación Repsol, Pilar Núñez, asinaron o convenio para formalizar a convocatoria da décimo quinta edición do Premio Narrativa Breve Repsol. Durante o acto estiveron acompañados polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e pola directora do Complexo Industrial de Repsol na Coruña, Natalia Barreiro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Só unha das 6417 persoas aspirantes á avogacía fixo a proba de acceso en galego

Das 6417 persoas rexistradas para realizar a proba de acceso á avogacía correspondente ao ano 2021 só unha realizou o exame en galego. No que respecta ás outras linguas do estado, escolleu o éuscaro tamén un aspirante e 41, o catalán, mentres que o resto optou polo castelán.
Fonte: Nós Diario
O Consello Económico e Social de Galicia solicita que se garantan os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico
O Consello Económico e Social de Galicia aprobou unha declaración institucional de apoio ao emprego do galego en todos os ámbitos da vida social e económica e pide maior contido legal e formal ao dereito da poboación a usar esta lingua nas relacións coas empresas.
Fonte: Galicia Confidencial
A Xunta participa no acto conmemorativo do Día da Galeguidade Empresarial

A Xunta de Galicia, representada no seu secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto conmemorativo do Día da Galeguidade Empresarial que acolleu a Reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e que incluíu a sinatura dun acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o Foro Enrique Peinador e Bioga (Clúster Tecnolóxico Empresarial de Ciencias da Vida) en materia de normalización e promoción do uso da lingua galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García mantén unha xuntanza de traballo coa Escola de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, mantivo unha xuntanza de traballo coa Escola de Estudos Empresariais da Universidade de Vigo (UVigo), no marco da rolda de encontros que está a promover o seu departamento desde a aprobación, hai un mes polo Consello da Xunta, do novo Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico (2016-2020). Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín