Tecido económico
We Robots Academy e SOMA Centro de Terapia Integral gañan a quinta edición do Premio Lingua e Empresa
O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu a gala de entrega da quinta edición dos premios Lingua e Empresa que convoca o Concello de Ames para fomentar o uso do galego no ámbito empresarial.
Fonte: Concello de Ames
O xornalista Alberto Ramos recibe o XVI Premio Narrativa Breve Repsol co que colabora a Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega da XVI edición do Premio Narrativa Breve Repsol ao xornalista e escritor Alberto Ramos pola súa obra Os corpos dos Romanov.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O Concello de Silleda organiza un ano máis o certame Silledagasalla con lemas en galego

O Concello de Silleda organiza unha nova edición de Silledagasalla, un certame de Nadal organizado en colaboración cos centros educativos e o sector do comercio da vila co que se quere fomentar o galego a través de adhesivos con lemas nesta lingua que se reparten nos establecementos comerciais para acompañar os agasallos.
Fonte: Faro de Vigo
Comeza unha campaña da Mesa pola Normalización Lingüística para animar a comprar agasallos en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística lanzou un catálogo de Nadal con máis de cen propostas de agasallos en lingua galega. Con esta iniciativa, que se enmarca no proxecto 'Abertos ao Galego', a entidade busca recoñecer o papel e o compromiso das empresas que empregan este idioma.
Fonte: Galicia Confidencial
Convócase unha nova edición dos Premios Manuel Beiras ao uso do galego na empresa

O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio convocan un ano máis este premio, que chega á súa edición número 23 baixo o lema ‘Prende o galego. Brilla con luz propia’, co obxectivo de visibilizar a utilidade que ten o galego como lingua instrumental no ámbito mercantil.
O Concello de Ames convoca unha nova edición do Premio Lingua e Empresa

O Premio Lingua e Empresa, que chega este ano á súa quinta edición, ten como obxectivo fomentar o uso do galego na actividade empresarial de Ames. A dotación económica do galardón é de 3000 euros, que se repartirán entre dúas categorías.
Fonte: Concello de Ames
Entregados os XXVIII Premios Publicidade en Galego, que cada ano recoñecen campañas publicitarias

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na entrega da XXVIII edición dos Premios Publicidade en Galego, convocados conxuntamente pola Xunta, o Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador, co obxectivo de promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario en cumprimento do Plan xeral de normalización lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Dúas adegas resultan premiadas pola súa aposta polo uso do galego

Adega Terras de Bendaña e Adegas Celme recibiron os premios Bacelos de Prata pola súa etiquetaxe e defensa da lingua galega, uns galardóns que chegan así á súa 14ª edición para recoñecer o labor de empresas que apostan polo galego como marca de calidade dos seus produtos.
Fonte: Galicia Confidencial
O Concello de Silleda organiza unha campaña de fomento do galego para o período de rebaixas

O Concello de Silleda convida os establecementos comercias do municipio a sumarse á súa campaña "Rebaixas. O meu comercio, en galego!", grazas á que poderán contar con carteis en galego para anunciar o período de rebaixas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O Concello de Santiago impulsa un proxecto de promoción do comercio local no que se destaca o uso do galego como valor engadido

A presentación da iniciativa "Videoconsellos: o comercio local sabe de que fala" parte con vinte audiovisuais xa editados, aos que se sumarán novos vídeos, cos que se pretende poñer en valor a calidade a proximidade do comercio local, na que o uso do galego desempeña un papel fundamental.
Boletín
Subscríbase ao boletín