Tecido económico
Fanse públicas as empresas galardoadas polo seu emprego do galego nos Premios Bacelos de Prata

Os Premios Bacelos de Prata, que entrega a Asociación Álvaro das Casas, teñen como obxectivo recoñecer o labor de empresas que apostan polo galego na etiquetaxe dos seus produtos. As entidades galardoadas nesta edición de 2023 son as seguintes: a Adega Tapias Mariñán e a sociedade de gandeiros galegos Leite Noso.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta apoia 85 proxectos para editar materiais didácticos curriculares en lingua galega

A Xunta destina 200 000 euros á edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios este 2023. Así o recolle o Diario Oficial de Galicia, que acaba de publicar a resolución pola que se conceden estas subvencións aos 85 proxectos editoriais seleccionados.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa pon en marcha unha nova edición da súa campaña de fomento do uso do galego
O alumnado do instituto Castro Alobre presentou a oitava edición da súa campaña coa a que buscan impulsar o uso do galego mediante a repartición polas cafeterías de Vilagarcía de Arousa de 36 000 pousavasos con mensaxes nesta lingua.
Fonte: Faro de Vigo
A Xunta de Galicia publica a convocatoria de axudas para o libro galego

As axudas para o libro galego están destinadas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
O IES N.º1 da Estrada entrégalle o premio IES-G á Pastelería Mimela polo seu emprego da lingua galega
O Premio IES-G chega á súa oitava edición na que recoñece o labor da Pastelería Mimela polo emprego do galego na súa actividade diaria. En concreto, o alumnado valorou o uso desta lingua na atención oral á clientela, os carteis do establecemento, as campañas publicitarias e os contidos das redes sociais.
Fonte: Faro de Vigo
O alumnado do IES Rafael Dieste da Coruña impulsa unha campaña para promover o uso do galego na cidade

O alumnado de 4º da ESO deste centro puxo en marca a campaña "Aquí tamén se fala galego" dirixida aos comercios da cidade coa que pretende demostrar que na Coruña si se fala esta lingua.
Fonte: Quincemil
A hostalería e o lecer nocturno da Coruña demandan a colaboración institucional para incentivar o uso do galego no sector
A Asociación de Empresarios de Hostalería recoñece un déficit de oferta en lingua galega, por exemplo nas cartas, que están dispoñibles moitas veces en inglés pero non en galego.
Fonte: El Ideal Gallego
A Xunta e Vegalsa-Eroski celebran as Letras Galegas cunha campaña que homenaxea a Francisco Fernández del Riego

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, e a distribuidora alimentaria Vegalsa-Eroski botan a andar un ano máis a campaña Letras Galegas para festexar o 17 de maio e homenaxear a Francisco Fernández del Riego cunha tirada especial de bolsas e carteis que chegarán a 215 establecementos da rede Eroski e Autoservicios Familia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta de Galicia e Feiraco lanzan a nova edición do certame de relatos breves para celebrar o Día das Letras Galegas entre a rapazada
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, e a empresa galega láctea Feiraco, integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN, botan a andar o XI Certame de relatos breves para celebrar o Día das Letras Galegas entre a rapazada incentivando o pensamento creativo e a escrita en lingua galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta e Gadis asinan un convenio para promover a lingua galega entre a mocidade a través das plataformas dixitais

A Xunta de Galicia e Supermercados Gadis veñen de ratificar un acordo de colaboración para promover o uso da lingua galega entre a mocidade nas plataformas dixitais. O convenio, que se desenvolverá a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, foi asinado polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e a directora de Márketing e Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa Retail, Melisa Pagliaro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín