Tecido económico

Xa se coñecen os gañadores do premio Lingua e Empresa 2021 que convoca o Concello de Ames

A cuarta edición do premio Lingua e Empresa xa ten gañadores: PixelinPhoto, polo seu labor a prol da normalización do galego no sector do comercio, e Autonomogal Asesores, por incorporar esta lingua á súa actividade diaria.

Fonte: Concello de Ames

O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio convocan unha nova edición do Premio Manuel Beiras

O Concello de Santiago e a Cámara de Comercio convocan desde o ano 2000 os Premios Manuel Beiras para recoñecer e poñer en valor as empresas que empregan habitualmente o galego na súa comunicación. Na edición deste ano a campaña para lembrar esta convocatoria ten como lema "Ti tes o poder" co obxectivo de resaltar a capacidade do público consumidor para influír na escolla lingüística dos negocios.

Fonte: Concello de Santiago de Compostela

Convocados os premios de publicidade en galego 2021

A Xunta, o Parlamento de Galicia e o Foro Enrique Peinador convocan a XXVIII edición dos Premios de Publicidade en Galego correspondentes ao 2021 co obxectivo de promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario en cumprimento do Plan xeral de normalización.

Fonte: Xunta de Galicia

Convócase a terceira edición do Premio “Ponteareas, lingua e empresa”

O obxectivo deste galardón, convocado polo Concello de Ponteareas, é fomentar o uso do galego no ámbito empresarial, así como recoñecer publicamente o compromiso coa normalización lingüística das empresas e profesionais que teñen a súa sede social ou actividade económica no municipio.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Redondela organiza unha campaña para impulsar o uso do galego nas panaderías

A campaña "Nós Galego 365" ten como obxectivo fomentar o uso do galego nas panaderías e nos establecementos de venda de pan, así como promover a etiquetaxe de produtos nesta lingua como marca de calidade e de proximidade. Ao abeiro desta iniciativa distribuiranse 25 000 sobres de pan e 2000 bolsas comerciais entre os establecementos colaboradores.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Ames organiza unha nova edición do Premio Lingua e Empresa

O Concello de Ames presenta a cuarta edición do Premio Lingua e Empresa que ten como obxectivo impulsar o uso da lingua galega na actividade económica e empresarial da localidade.

Fonte: Concello de Ames

O Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico impulsou máis de 100 actuacións

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, defendeu no Parlamento o balance do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2016-2020 que supuxo a posta en marcha de máis de 100 actuacións a prol do galego no sector económico e que terá continuidade nos vindeiros anos.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Santiago convoca axudas para a comunicación en galego no sector do comercio

O Concello de Santiago puxo en marcha unha nova edición do programa “Coidar para mellorar”, que ten entre os seus obxectivos a promoción do uso do galego no ámbito do comercio.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O Concello de Outes organiza unha iniciativa para fomentar o uso do galego a través do comercio local

Co lema “Outes, en galego!”, o Concello puxo en marcha unha iniciativa que ten como obxectivo impulsar o galego a través do comercio local, de maneira que se converta na lingua de uso habitual nos establecementos comerciais.  

Fonte: La Voz de Galicia

A Xunta concede as axudas para o libro galego dirixidas á tradución de 132 proxectos impulsados por 33 entidades

A Xunta de Galicia vén de conceder axudas para o libro galego, dirixidas á tradución, a 132 proxectos impulsados por un total de 33 entidades. Este ano esta convocatoria pasa a sufragar os gastos de tradución, cun orzamento de 200 000 €. A maiores, o pasado 2 de xullo convocouse outra liña de subvencións dirixidas á edición, comercialización e distribución do libro, tamén cun orzamento de 200 000 €.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder