Tecido económico
A Universidade de Santiago traballa na tradución ao galego de varias normas UNE

Dende hai uns meses o Servizo de Normalización Lingüística está a traballar na versión en galego dalgunhas normas UNE do ámbito da óptica oftálmica nas que ten máis presenza a terminoloxía técnica.
Preséntase Medra.gal, unha ferramenta en liña en galego para acompañar as persoas emprendedoras no lanzamento dos seus negocios
Medra.gal é unha nova plataforma en galego para avanzar na transformación dixital a través dunha páxina web con formación en emprendemento, márketing e negocios dixitais dirixida a persoas que queiran lanzar, consolidar ou facer medrar un negocio en internet.
Fonte: Código Cero
Publícanse as conclusións dos XXV Encontros para a Normalización Lingüística nas que se destaca a rendibilidade do galego para o sector económico
Xa está dispoñible para a súa descarga o documento coas conclusións dos XXV Encontros para a Normalización Lingüística no sitio web do Consello da Cultura Galega.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Román Rodríguez enxalza o gran momento da industria cultural galega e a súa capacidade de adaptación aos novos formatos e hábitos de consumo

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, inaugurou a 16ª edición de Culturgal, a Feira das Culturas Galegas que se celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra coa ollada posta na captación de públicos e no avance dos fitos culturais que protagonizarán o 2024 na nosa Comunidade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Preséntase unha nova edición dos Premios Manuel Beiras baixo o lema «En galego, naturalmente»

A XXIV edición dos Premios Manuel Beiras, que convoca o Concello de Santiago e a Cámara de Comercio, ten como lema «En galego, naturalmente», un slogan cuxo obxectivo é poñer en valor o uso da lingua galega nos establecementos locais como unha maneira de conectar coa clientela e achegar naturalidade e proximidade.
O Concello de Ames entrega os premios Lingua e Empresa correspondentes á súa sexta edición

As empresas galardoadas foron Nós Televisión, na categoría de uso consolidado da lingua galega, e o establecemento hostaleiro O Transistor, na categoría de nova incorporación á lingua.
Fonte: Concello de Ames
As empresas mostran maior sensibilidade cara á lingua galega, pero descende o seu uso

Esta é unha das conclusións dos relatorios presentados na 25.ª edición dos Encontros para a Normalización Lingüística, que este ano estiveron centrados no ámbito socioeconómico.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade de Santiago acolle un acto de celebración do Día da Galeguidade Empresarial
No marco desta celebración as tres universidades públicas galegas salientaron a necesidade de que as empresas incorporen a lingua galega á súa actividade diaria. No acto rendéuselle homenaxe á figura de Ramón Castromil Ventureira co gallo do trinta aniversario da galeguización da empresa Castromil.
A Xunta pon en valor o uso do galego na etiquetaxe de produtos alimentarios como sinónimo de excelencia e calidade
O conselleiro do Medio Rural, José González, interveu na clausura dos Premios Bacelos de Prata en Ribadavia, organizados pola Asociación Álvaro de las Casas, que recoñecen o labor das empresas que apostan polo galego na etiquetaxe dos seus produtos.
Fonte: Xunta de Galicia
Publícase un informe que cifra o impacto económico do galego nos 1440 millóns de euros

O valor económico do galego é o título deste documento pioneiro que, por primeira vez, mostra a contribución da lingua galega ao conxunto da economía de Galicia. Así, este informe cuantifica o seu impacto directo en 1440 millóns de euros de valor engadido bruto (VEB) e en 27 702 postos de traballo.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín