Tecido económico
O DOG publica a resolución das axudas concedidas a empresas que realizan publicacións periódicas en galego
A Secretaría Xeral de Medios da Xunta resolveu a convocatoria de axudas destinadas a empresas que realizan publicacións periódicas escritas integramente en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta participa en Ribadavia na entrega dos XVI Bacelos de Prata
A Xunta de Galicia, representada no seu secretario xeral da Lingua, Valentín García, e no seu director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Silvestre José Balseiros, participou no acto de entrega dos XVI Premios Bacelos de Prata á adega Pazo Lalón e á empresa láctea Kaléikoi.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Miguel Rodríguez Monteavaro gaña o XXII Premio de Poesía Afundación, co que colabora a Xunta
O escritor Miguel Rodríguez coa obra Penácaros fíxose co XXII Premio de Poesía Afundación, promovido por esta institución, pola Xunta de Galicia e o Centro PEN Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta, a Deputación e o Foro Peinador conmemoran o 20º aniversario do Plan de Normalización Lingüística

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no acto do Día da Galeguidade Empresarial, baixo o lema Galeguismo empresarial: comprometidos co futuro, que promove o Foro Enrique Peinador e que este ano acolleu o Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra, coa colaboración desta institución e da Xunta de Galicia. Unha celebración que coincide co 20º aniversario da aprobación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Xa se coñecen as empresas gañadoras da décimo sexta edición dos Premios Bacelos de Prata
As entidades galardoadas na edición deste ano dos Premios Bacelos de Prata forno a Adega Pazo Lalón, con sede en Leiro, e mais a empresa Kaleikoi, situada en Rodeiro, como recoñecemento á súa aposta polo uso do galego como marca de calidade.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta colabora con 46 proxectos na edición de materiais didácticos en galego

A Xunta de Galicia destina 200 000 € a colaborar con 46 proxectos na edición en lingua galega de recursos didácticos para niveis non universitarios este 2024. Así se recolle na resolución da convocatoria na que se inclúen catro empresas editoras con sede en Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Alumnado do instituto Castro Alobre pon en marcha unha campaña para impulsar o uso do galego nos comercios de Vilagarcía
«Implicados co galego» é o lema da campaña que cada curso desenvolve este centro cun dobre obxectivo: o impulso do uso do galego e o apoio ao pequeno comercio. Para iso, distribuirán seis modelos de bolsas da compra entre os establecementos comerciais da cidade.
Fonte: La Voz de Galicia
A Xunta e a Fundación Repsol fomentan a literatura galega coa XVIII edición do Premio Narrativa Breve
A Xunta de Galicia e a Fundación Repsol veñen de poñer en marcha unha nova edición do Premio Narrativa Breve en lingua galega. A que será a décimo oitava edición deste galardón ponse en marcha tras a reunión mantida entre o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e a xerente de Relacións Institucionais de Fundación Repsol, Mercedes Gómez.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Alumnado do CPI O Cruce de Cerceda crean un premio para recoñecer o uso do galego nas empresas
A empresa galardoada na primeira edición deste premio foi a asesoría IPR Xestión. Con este recoñecemento o alumnado do centro pretende visibilizar os establecementos do municipio que usan o galego nos carteis, na atención ao público, na publicidade ou nas redes sociais.
Fonte: La Voz de Galicia
Preséntase un informe que analiza a produción en galego das entidades culturais
O Observatorio da Cultura Galega publicou o informe A produción en lingua galega no ámbito cultural no que se detalla a porcentaxe de actividade e o volume de negocio xerado por producir bens ou servizos nesta lingua no sector da cultura, ao tempo que se ofrecen suxestións para aumentar a demanda de bens e servizos en galego.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín