Tecido económico

A Xunta de Galicia e Feiraco lanzan a nova edición do certame de relatos breves para celebrar o Día das Letras Galegas entre a rapazada

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, e a empresa galega láctea Feiraco, integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN, botan a andar o XI Certame de relatos breves para celebrar o Día das Letras Galegas entre a rapazada incentivando o pensamento creativo e a escrita en lingua galega.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta e Gadis asinan un convenio para promover a lingua galega entre a mocidade a través das plataformas dixitais

A Xunta de Galicia e Supermercados Gadis veñen de ratificar un acordo de colaboración para promover o uso da lingua galega entre a mocidade nas plataformas dixitais. O convenio, que se desenvolverá a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, foi asinado polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e a directora de Márketing e Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa Retail, Melisa Pagliaro.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Expertos do Foro Económico advirten da necesidade de incorporar o galego á intelixencia artificial

O IV Foro Tecnolóxico, organizado polo Foro Económico de Galicia, reuniu en Santiago a máis de trinta expertos nos ámbitos da lingua e as tecnoloxías que defenderon a necesidade de incorporar o galego a todas as ordes da tecnoloxía, na sociedade e economía dixitais.

Fonte: Galicia Confidencial

A Xunta convoca as axudas á edición de materiais didácticos en lingua galega para o ano 2023

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica as subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios. Trátase dunha liña de axudas destinada á edición de materiais en formato impreso ou dixital á que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina durante este ano 200 000 euros.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca axudas para a impulsar a creación de obras audiovisuais en galego

Estas axudas están dirixidas a impulsar a creación de obras audiovisuais en galego a través do apoio á escrita de guións, á realización e posprodución de curtametraxes e á produción de longametraxes.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Denuncian que Naturgy reduciu o horario de atención telefónica en lingua galega

A Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou que Energy reduciu o horario da liña de atención telefónica en galego, o que, segundo este sindicato, evidencia unha falta de compromiso coa sociedade galega.

Fonte: Nós Diario

O Concello de Carballo pon en marcha unha iniciativa de promoción do galego no sector hostaleiro

Esta iniciativa, coa que colabora a Asociación de Hostalería de Carballo, consistirá na repartición de gardamanteis con pasatempos da revista A Píllara durante a Semana Santa co obxectivo de que a clientela se entreteña facendo unha sopa de letras ou un anagrama en galego.

Fonte: Concello de Carballo

Convócase unha nova edición do premio ‘Ponteareas, lingua e empresa’ para impulsar o uso do galego na actividade económica

O Concello de Ponteareas convoca unha nova edición deste galardón que ten como obxectivo fomentar o emprego do galego na actividade económica da vila, así como nas relacións laborais, comerciais e empresariais, e recoñecer publicamente a contribución realizada por este sector ao incremento do seu uso.

Fonte:  Concello de Ponteareas

Román Rodríguez abre vías de colaboración con Prime Video para o incremento do uso do galego na plataforma

O conselleiro de Cultura, Educación FP e Universidades, Román Rodríguez, reuniuse co xefe de Contidos de Prime Video España, Ricardo Cabornero, para abordar vías de colaboración conxunta dirixidas a aumentar a inclusión de producións audiovisuais en galego na plataforma.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Concello de Outes organiza unha campaña para impulsar o uso do galego no comercio local

Ao abeiro desta campaña, que ten como lema «En Outes, en galego!», distribuiranse adhesivos, folletos explicativos, bolsas de tea e outros artigos co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega e o consumo no comercio local.

Fonte: La Voz de Galicia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder