Tecido económico
O proxecto de promoción turística en galego Guido Guía recibe un premio de TripAdvisor

A plataforma Tripadvisor outorgoulle o galardón Traveller's Choice ao proxecto Guido Guía, que desenvolve o seu traballo en Lugo e emprega a lingua galega. Trátase dun premio que reciben anualmente o 10 % dos negocios con mellores críticas.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta e Fundación Repsol convocan a XVI edición do premio narrativa breve para fomentar a creación literaria en lingua galega

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou xunto á Fundación Repsol na presentación da XVI convocatoria do Premio Narrativa Breve en lingua galega, co que se busca promover a creación literaria en lingua galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta celebra o Día da Galeguidade Empresarial que promove o Foro Enrique Peinador

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao acto do Día da Galeguidade Empresarial que promove o Foro Enrique Peinador e que este ano se levou a cabo nas instalacións da empresa Seguridade A1 de Santiago de Compostela.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Publícase a convocatoria de subvencións para a edición en galego de materiais didácticos

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou a convocatoria de axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares, realizados en soportes impresos ou dixitais, para niveis non universitarios.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Xunta colabora con Gadis na campaña ‘Versos na rúa’ para dar a coñecer autores galegos ilustres
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, achegouse á Casa do Concello de Ordes para acompañar a marca galega Supermercados Gadis na presentación da acción sorpresa «Versos na rúa», na que leva traballando desde o pasado mes de abril co gallo do Día das Letras Galegas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta e Vegalsa-Eroski homenaxean a figura de Florencio Delgado Gurriarán co gallo das Letras Galegas
A Xunta de Galicia e a distribuidora alimentaria Vegalsa-Eroski colaboran un ano máis na promoción da lingua e a cultura galegas co gallo do Día das Letras. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou no hipermercado Eroski A Sionlla de Santiago de Compostela a nova campaña conmemorativa dirixida ao sector comercial, con bolsas da compra de papel e carteis coa imaxe de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado neste 17 de maio.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O colectivo Galeguizar Galicia organiza varios actos de promoción do galego nos ámbitos xurídico e económico
O colectivo Galeguizar Galicia desenvolverá ao longo dos meses de marzo e abril diferentes actos de promoción do galego nos ámbitos xurídico e económico no Porriño, Vigo e Ourense.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Os establecementos adheridos ao proxecto Abertos ao Galego poderán ter o dominio .gal de balde
A asociación PuntoGal e a Mesa pola Normalización Lingüística acordan a promoción do dominio .gal para os establecementos adheridos ao proxecto Abertos ao Galego, de maneira que estes poidan facer o cambio de xeito gratuíto dos seus dominios web para .gal.
Fonte: Código Cero
Entréganse os Premios Manuel Beiras, dedicados a recoñecer as empresas que empregan habitualmente o galego na súa comunicación

As empresas premiadas na XXII Edición dos Premios Manuel Beiras foron tres: Vide Vide!, galardoada na categoría de empresas cun uso continuado do galego; Creativas Galegas, na categoría de nova incorporación ao galego; e Código Cero, á innovación no uso do galego.
O Concello de Narón organiza un programa para promover o uso do galego no comercio local

Ao abeiro da campaña «Narón gaña co galego», o Concello repartirá entre os establecementos comerciais material divulgativo para fomentar o uso do galego no comercio local, como rótulos para datas sinaladas, adhesivos para agasallos con diferentes lemas etc.
Fonte: Concello de Narón
Boletín
Subscríbase ao boletín