España

A intelixencia artificial de Meta xa se comunica en catalán

A IA de Meta, integrada en WhatsApp, Facebook e Instagram, xa pode comunicarse en catalán. Este avance permítelles ás persoas usuarias manter conversas, traducir textos ou realizar consultas directamente en catalán. Meta atribúe a ausencia inicial deste idioma a limitacións do lanzamento europeo e asegura estar a perfeccionar o sistema, que incorpora correctores e mecanismos de mellora continua.

Fonte: Diari de la Llengua

Cataluña

O Instituto de Estudos Cataláns actualiza o seu dicionario coa incorporación de novos artigos e modificacións

A Sección Filolóxica do IEC incorporou 117 voces novas e realizou 258 modificacións no Diccionari de la llengua catalana, nun total de 375 novidades que amplían o estándar e reforzan a representación territorial da lingua. Entre os termos engadidos figuran préstamos internacionais, vocabulario gastronómico e variantes dialectais, mentres que as actualizacións perfeccionan definicións e usos en ámbitos como a tecnoloxía, as locucións coloquiais ou a denominación de bebidas. A obra normativa continúa así o proceso de revisión iniciado tras a súa segunda edición de 2007, coas actualizacións dispoñibles de inmediato na versión en liña.

Fonte: Diari de la Llengua

Cataluña

Preséntanse os datos de usos lingüísticos en Cataluña que mostran unha gran variedade se situacións do catalán en función do territorio

A Enquisa de usos lingüísticas de 2023 confirma que Cataluña presenta realidades sociolingüísticas moi diversas, condicionadas por dinámicas demográficas propias de cada zona. A maioría dos territorios manteñen niveis de coñecemento e uso do catalán por riba da media, mentres que o ámbito metropolitano de Barcelona fica por debaixo debido á forte diversidade de procedencias. O conxunto dos datos mostra que o aumento de novos falantes non compensa o impacto das chegadas e provoca unha perda porcentual do uso do catalán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Escola Valenciana entrega os seus premios ao compromiso co valenciano

Na XXII Noite de Escola Valenciana, entregáronse tres recoñecementos á defensa do valenciano. O xornalista Iván Esteve foi premiado por a súa traxectoria en favor do periodismo nesta lingua. A Confederación Gonzalo Anaya recibiu o galardón polo seu traballo na protección do ensino en valenciano e a Fundación Casal Jaume I Safor-Valldigna foi recoñecida por máis de tres décadas de dinamización cultural neste idioma.

Fonte: Diari de la Llengua

Comunidade Valenciana

Publícanse os datos de uso do aranés relativos ao ano 2023

A Enquisa de Usos Lingüísticos de 2023 mostra un forte cambio demográfico no Val d’Aran pola chegada de nova poboación, mais tamén unha notable estabilidade no coñecemento e o uso do aranés. A maioría das persoas nadas na zona manteno como lingua inicial, habitual e de identificación, e a transmisión interxeracional continúa sólida. Porén, o uso social segue limitado en ámbitos como o comercio, a sanidade e as administracións non locais. As institucións aranesas e catalás propoñen facilitar a aprendizaxe para a poboación chegada recentemente e reforzar a presenza do idioma entre a mocidade e nos sectores profesionais para garantir o seu futuro.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Entréganse as bolsas Propulsió 2025 a proxectos de creación de contidos en catalán

O Departamento de Política Lingüística concedeu as Beques Propulsió 2025, ás que se presentaron 355 propostas e das que resultaron seleccionados 40 proxectos de creación de contidos en catalán. A iniciativa, que duplicou o número de axudas respecto da primeira edición, confirma a vitalidade dun sector esencial para fortalecer a lingua no ámbito dixital.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A Unión de Federacións Deportivas Vascas aposta pola normalización do éuscaro cunha campaña dirixida a persoas adestradoras

A Unión de Federacións Deportivas Vascas reforza a súa estratexia de promoción do éuscaro cunha nova edición de «Gu Geu, Kirola Euskaraz», centrada no papel das persoas adestradoras como referentes lingüísticos. Este ano son xa 23 as federacións adheridas ao acordo co Goberno vasco, que recoñeceu o seu compromiso nun acto en Vitoria-Gasteiz. Ademais de campañas de sensibilización, impúlsanse diagnósticos, plans de lingua e cursos formativos, cada vez máis demandados e con maior presenza do éuscaro. A iniciativa procura consolidar un espazo deportivo inclusivo e euscaldún, no que a mocidade poida usar a lingua con naturalidade e confianza.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

Más de 200 vídeos participan no concurso Arnasetik, un certame dirixido á mocidade de localidades onde o éuscaro é maioritario

A iniciativa Arnasa Gara impulsa unha nova edición de Arnasetik, un certame audiovisual dirixido á mocidade de 10 a 16 anos procedente dos arnasguneak, co fin de fortalecer a creatividade e promover unha reflexión arredor dos usos lingüísticos e da realidade sociolingüística destes concellos euscaldúns. A iniciativa, promovida por UEMA e polos gobernos vasco e navarro, busca recoñecer o papel esencial destas comunidades na continuidade do éuscaro.

Fonte: Gobierno Vasco

País Vasco

O Parlamento de Navarra acolle a XII Liga de Debate Universitario en Éuscaro

A XII Liga de Debate Universitario en Éuscaro conclúe coa vitoria da Universidade Pública de Navarra na modalidade de oratoria individual e da Universidade do País Vasco na competición por equipos. Lorea Aznar Pizarro, alumna de Dereito, resultou mellor oradora nun discurso sobre a universalización dos dereitos humanos. No debate por grupos, o equipo vasco impúxose nunha discusión arredor da limitación dos prezos do alugueiro.

Fonte: UPNA

Navarra

Preséntase a cuarta edición de SAGA, o salón do videoxogo en catalán

O salón SAGA presentou a súa cuarta edición como un grande escaparate do videoxogo en catalán, con máis espazo expositivo, novas competicións e actividades dirixidas a públicos diversos. A organización salientou o avance da industria, que xa incorpora o catalán na maioría dos títulos creados en Cataluña, e apuntou á vontade de reforzar a presenza da lingua nun sector tradicionalmente pouco multilingüe.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder