España

A Plataforma per la Llengua asumirá a defensa legal do mozo que traduciu ao catalán a web do Parlamento Europeo

A Plataforma per la Llengua anunciou que, se finalmente o Parlamento Europeo denuncia a Miquel Català, o mozo que traduciu ao catalán o portal de internet desta institución, asumirá a súa defensa legal.

Fonte: Avui

Créase por primeira vez en Asturias unha dirección xeral exclusiva para a política lingüística

Entre as novidades do novo Goberno de Asturias, recentemente nomeado polo presidente Areces, está a creación dunha Dirección Xeral de Política Lingüística, a cargo da ata agora directora xeral de Cultura e Política Lingüística, Consuelo Vega.

Fonte: Asturnews

José Bono non ve problemas en regular o uso do galego, catalán e vasco no Congreso dos Deputados

O presidente do Congreso, José Bono, afirmou estes días que non lle "molesta falar ningún dos idiomas cooficiais do Estado", e opinou que había que regular o uso do catalán, o éuscaro e o galego no Congreso dos Deputados.

Fonte: Asturnews

Numerosos lingüistas piden que Salamanca sexa a «Ciudad de la Lengua»

Lingüistas da Universidade de Salamanca reclaman que esta cidade sexa denominada «Ciudad de la Lengua» ou que se oficialice a denominación «Escuela de Salamanca». Os expertos consultados por Efe aseguraron que a institución académica conta con todos os argumentos para ter unha denominación máis oficial acorde co seu papel mundial no ensino e o estudo do español.

Fonte: ABC

O número de adultos que estuda éuscaro crece por primeira vez desde o ano 2000

Un total de 29.830 alumnos matriculáronse en outubro para estudar éuscaro durante o curso 2008-09 nos 107 centros homologados polo Goberno vasco -a práctica totalidade dos existentes-, unha cifra que supón un 5,8% máis que en outubro de 2007 e se converte na «máis positiva» a inicios dun ano académico «desde 2000». Por territorios, o incremento porcentual máis importante produciuse en Guipúscoa.

Fonte: Diario Vasco

A Policía Local de Melilla recibirá un curso sobre lingua de signos

A Consellería de Seguridade Cidadá de Melilla organizou un curso sobre lingua de signos dirixido aos axentes da Policía Local encargados de recibir as visitas á Xefatura, co obxecto de que poidan comunicarse coas persoas con discapacidade auditiva que recorran a este corpo por algunha emerxencia.

Fonte: Melilla Hoy

Nenos e adolescentes xordos teñen dificultades para seguir conxuntamente as imaxes televisivas e os subtítulos

Os nenos e os adolescentes xordos teñen dificultades para facer un seguimento conxunto das imaxes televisivas e dos subtítulos debido á velocidade á que se emiten. Esta é a principal conclusión dun estudo levado a cabo por investigadoras do Departamento de Psicoloxía Básica, Evolutiva e da Educación da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), que consideran que hai que revisar os criterios de subtitulación empregados ata agora e definir novos criterios, como por exemplo a posibilidade de ofrecer diferentes niveis de subtitulación (de menos a máis complexo).

Fonte: Consumer

O Consello de Linguas Oficiais do Estado pídelle á Mesa pola Normalización Lingüística os expedientes sobre o uso do galego

O Consello de Linguas Oficiais na Administración xeral do Estado, órgano interministerial creado en 2007, utilizará os expedientes de queixa remitidos pola Mesa pola Normalización Lingística, para avaliar o grao de aplicación en Galicia da normativa vixente en materia de idioma.

Fonte: Galicia Hoxe

San Sebastián acollerá un avanzado centro de investigación da linguaxe

San Sebastián quere colocarse na vangarda da investigación en neurociencias cognitivas, a sociolingüística e o estudo da linguaxe. Un centro especializado nesta disciplina científico-educativa, que pretende ser "líder internacional", comezará a traballar en novembro do vindeiro ano na capital guipuscoana. Denominarase Basque Center on Cognition Brain and Language (BCBL), estará dirixido polo prestixioso científico Manuel Carreiras e contará cun cadro de persoal de máis de 70 investigadores.

Fonte: El País

Os deputados de CiU 'adoptan' unha parella lingüística para ensinarlle catalán

Os 48 deputados de CiU no Parlament, seis deputados no Congreso, seis senadores e tres dirixentes de CDC 'adoptaron' cada un deles a unha parella lingüística foránea para ensinarlle a lingua catalá.

Fonte: La Vanguardia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder