España

Izquierda Xunida negocia unha Dirección Xeral de Política Lingüística xestionada polo PSOE no Goberno asturiano

O acordo de goberno ente Izquierda Xunida-BpA-Los Verdes e a FSA-PSOE, podería incluír, segundo puido saberse estes días, cambios na política lingüística do Goberno asturiano. Dunha banda, co aumento en medio millón de euros do orzamento para o fomento da lingua asturiana e, doutra, con cambios na estrutura de goberno na área de política lingüística.

Fonte: Asturnews

A localidade castellonenca de Nules dedícalle o mes de novembro ao valenciano

O concelleiro responsable da área de Normalización Lingüística de Nules, José Vicente Adsuara, anunciou que o mes de novembro será "El mes del valencià", xa que a localidade acollerá varias exposicións vinculadas á figura de Xaime I, a cultura e as tradicións valencianas.

Fonte: El Periódico Mediterráneo

A Secretaría de Política Lingüística de Cataluña pon en marcha en internet un xogo sobre a diversidade lingüística

A Secretaría de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya puxo en marcha o xogo en internet "Diverllengua", que a través de preguntas e respostas pon de manifesto a diversidade lingüística mundial. O xogo, ao que se pode acceder a través da web www.gencat.cat/llengua/diverllengua, está dirixido a mozos a partir de 13 anos e adultos, e consiste en contestar preguntas que teñen resposta múltiple. Tanto se se acerta coma se non, o ordenador dá unha explicación sobre a resposta correcta.

Fonte: La Vanguardia

Só a Universidade de Alacante fára exames de lingua romanesa

A Universidade de Alacante será o único centro universitario de toda España que examinará o idioma oficial de lingua romanesa, grazas ao acordo asinado este ano co Instituto de Lingua Romanesa (ILR), segundo informou a institución académica.

Fonte: ABC

Melilla participará no Programa de Inmersión Lingüística en inglés a través de cinco centros de Primaria

Os alumnos dos centros educativos Velázquez, Anselmo Pardo, Pintor Eduardo Morillas, Real e Reyes Católicos, participarán durante os meses de novembro e decembro no Programa de Inmersión Lingüística, en lingua inglesa, destinado para alumnos de sexto de Primaria na localidade Segoviana de La Granja.

Fonte: Diario Sur

O PP de Mallorca aposta pola defensa do bilingüismo

Lonxe de aparcar o debate "castelán/mallorquín", o PP de Mallorca sitúao, xunto co orgullo de sentirse á vez "mallorquín e español", entre os principais eixes da súa intervención política, que se aprobará tras debaterse no X congreso do próximo día 29.

Fonte: Diario de Mallorca

Aprende Inglés TV cuadruplica os seus datos de audiencia en só dous meses

Se as análises de audiencia preguntan "How are you?", Aprende Inglés TV ten ben aprendida a súa resposta: "Very well, thank you". A volta ao curso impulsou os seus resultados no mes de outubro ata unha audiencia acumulada de 1.442.000 espectadores. Cos datos sobre o papel, esta cifra coroa unha subida espectacular: a canle que ensina a lingua de Shakespeare dobra os seus resultados de setembro (cando 790.000 persoas pasaron polas súas clases) e cuadriplica os de agosto (373.000 espectadores).

Fonte: El Mundo

O Departamento de Interior catalán contrata un especialista en lingua occitana para formar os "mossos" do Vall d'Aran

Joan Saura decidiu dar un salto cualitativo no recoñecemento dos dereitos lingüísticos dos habitantes do Principado e deseñou un plan para que a súa consellería, o departamento de Interior, Relacións Institucionais e Participación, aprenda a lingua e a cultura aranesas para atender adecuadamente os habitantes do val.

Fonte: Avui

O sindicato CSI-CSIF pide que se lles dea a opción aos centros públicos valencianos de impartir varias materias en inglés

CSI-CSIF pediu a implantación de "seccións europeas" no sistema educativo valenciano para lograr que os alumnos teñan "un pleno coñecemento e dominio do inglés ou doutras linguas" fronte á "ocorrencia" actual de impartir a materia de Educación para a Cidadanía en inglés na Comunidade Valenciana.

Fonte: Las Provincias

Unha trintena de expertos de universidades de España e Europa participan no I Conceyu Internacional de la Llingua Asturiana

Unha trintena de expertos filólogos e historiadores de universidades do Estado e de varios países de Europa participan, desde do 4 ata o 6 de outubro, no I Conceyu Internacional de la Llingua Asturiana que organiza a Academia de la Llingua, dentro das XXVII Xornaes Internacionales d'Estudiu desta lingua.

Fonte: Asturies.com

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder