España
O conselleiro de Saúde e Consumo balear dará dous anos para aprender catalán nas próximas oposicións sanitarias
O conselleiro de Saúde e Consumo balear, Vicenç Thomàs, asegurou que ante a próxima oferta de emprego público se aplicará unha exención, por un prazo de dous anos, "a médicos e enfermeiras" no requisito de coñecemento do catalán nas prazas nas que haxa problemas para que sexan ocupadas.
Fonte: El Mundo
O Goberno vasco destinará 90.000 euros a un convenio coa Universidade do País Vasco para fomentar o estudo do éuscaro

O Goberno vasco destinará 90.000 euros a un convenio marco que subscribirá coa Universidade do País Vasco e que ten por obxectivo o fomento do labor do Euskara Institutua, segundo informou o Executivo.
Fonte: EcoDiario
Palma acolleu a apertura dos estudos de catalán no exterior do Institut Ramon Llull
O Institut Ramon Llull elixiu Baleares para celebrar o acto de apertura dos estudos en lingua catalá nas universidades do exterior do curso académico 2008-2009. A elección de Palma para desenvolver este acto, que se celebra por primeira vez, é simbólica, unha vez que o Goberno acordou a reincorporación das illas ao consorcio do Institut.
Fonte: España Exterior
O Departamento de Educación vasco presenta o proxecto de lei para a reforma dos modelos lingüísticos no sistema educativo
O Departamento de Educación preséntalles en San Sebastián aos axentes educativos (sindicatos, patronais e asociacións de pais) o proxecto de lei que elaborou sobre a reforma do actual sistema de modelos lingüísticos con algunhas novidades con relación ao anteproxecto orixinal, que se puxo en circulación en setembro pasado.
Fonte: El País
Dezasete parellas lingüísticas aprenderán valenciano en Algemesí
Un total de 17 parellas lingüísticas comezou, no Casino Liberal de Algemesí, o programa Voluntariat pel Valencià, no que se darán cita os voluntarios e os aprendices para realizar as primeiras parellas lingüísticas. Deste xeito, darase inicio ás primeiras actividades de aprendizaxe e dominio do valenciano.
Fonte: Las Provincias
A Generalitat de Catalunya publica o Código Penal en catalán
A Consellería de Xustiza da Generalitat de Catalunya publicou recentemento o Código Penal español en lingua catalá, dentro da súa intención de difundir os principais textos legais do Estado en catalán. Segundo informou a Consellería, a tradución do texto fixérona os servizos lingüísticos do departamento.
Fonte: Europa Press
Euskadi e Galicia acoden xuntas á feira Expolingua de Berlín
Os gobernos vasco e galego compartirán un espazo común na feira Expolingua de Berlín, que se desenvolverá entre o venres 14 e o vindeiro domingo 16 de novembro co fin de dar a coñecer a situación de 60 idiomas.
Fonte: El País
O Concello aragonés de Fraga exclúe o catalán de todos os documentos administrativos
O consistorio de Fraga non acepta documento administrativo ningún redactado exclusivamente en catalán. Sen ir máis lonxe, o Institut d'Estudis do Baix Cinca (IEBC) quedou sen subvencións este ano porque presentou a solicitude unicamente en lingua catalá. Esta entidade espera agora que a legalidade a ampare para poder dirixirse ao concello de Fraga na lingua vehicular da maioría de cidadáns da localidade.
Fonte: La Mañana
O pleno do Concello de Xixón aprobou as ordenanzas de uso do asturiano sen votos en contra
O pleno do Concello de Xixón aprobou de forma definitiva a Ordenanza municipal do uso do asturiano. Unha normativa municipal que declara que o asturiano e o castelán “son linguas propias” do Concello. A norma aprobouse cos votos a favor do PSOE e Izquierda Xunida-BpA-LV e a abstención do Partido Popular.
Fonte: Asturnews
Sindicatos e pais critican a reforma lingüística que propón o Departamento de Educación vasco
A reforma lingüística proposta foi criticada para algúns por exceso de inmersión lingüística, para outros por defecto, dado que atrasa catro anos máis, de 12 a 16, a longa marcha ata a implantación dun sistema no que o éuscaro sexa a lingua vehicular no ámbito do ensino.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín