España
Microsoft Office 365 para empresas está xa dispoñible en catalán, vasco e galego
Microsoft Office 365 para empresas está xa dispoñible en vasco, catalán e galego, dentro do seu obxectivo de “chegar ao máximo número de usuarios e adaptarse aos seus requirimentos na vida dixital, tanto doméstica como profesional”.
Fonte: Te Interesa
Convócanse os premios literarios en lingua asturiana para 2014
A Consellería de Educación, Cultura e Deporte convocou os premios literarios en lingua asturiana para 2014 nas categorías de novela, poesía ensaio, literatura infantil e cómic, galardóns que están dotados con 3000 euros e aos que poderán presentarse obras ata o 12 de setembro.
Fonte: Finanzas
O uso das diferentes linguas inflúe nas decisións morais, segundo un estudo da Universidade Pompeu Fabra
A Universidade Pompeu Fabra publicou un estudo onde asegura que a lingua na que se formula un dilema ético intervén nas decisións morais que se adoptan. O informe, publicado na revista científica estadounidense en liña PloS ONE tamén sostén que o idioma inflúe na toma de decisións de carácter ético.
Fonte: El Periódico
Os profesores terán que falar e escribir unha lingua estranxeira e dominar a tecnoloxía
Falar e escribir unha lingua estranxeira e dominar as tecnoloxías son os novos requisitos que quere incluír o Ministerio de Educación nas oposicións a profesor. Os aspirantes deberán examinarse dunha proba de idioma estranxeiro oral e escrita e acreditar que teñen unha competencia dixital apropiada, independentemente do nivel da especialidade que impartan. Os idiomas e a tecnoloxía contarán máis que a experiencia docente.
Fonte: Telecinco
Barakaldo incentivará o uso do éuscaro entre escolares
Barakaldo quere que o éuscaro soe máis nas súas rúas e por iso o Concello porá en marcha un plan para promover o idioma baixo o lema ‘Denok Euskaraz’. A iniciativa dirixirase fundamentalmente a menores de entre 4 e 12 anos, aínda que tamén se implicará aos seus pais, e incluirá actividades gratuítas como xogos e obradoiros.
Fonte: El Correo
Acusan a Comunidade Valenciana de vulnerar a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias
A entidade Plataforma pola Lingua denunciou o Goberno da Generalitat valenciana no seu último InformeCAT sobre o vigor da lingua catalá. No estudo, culpan o presidente Fabra de pechar Radiotelevisión Valenciana e a súa canle Canal 9, co que "se apagan as dúas últimas canles de televisión en valenciano”, dise no documento.
Fonte: Diálogo Libre
A radiotelevisión balear reducirá o uso do catalán estándar nos seus informativos
O Parlamento balear aprobou a proposta de mandato marco da radiotelevisión autonómica, IB3, que entre outras disposicións permite que os informativos poidan utilizar as modalidades lingüísticas propias que se falan en Mallorca, en Menorca, en Eivisa e en Formentera, en lugar de unicamente o catalán estándar que se viña empregando ata agora.
Fonte: ABC
O dominio .eus para o éuscaro selecciona os 90 primeiros en usalo
O dominio .eus abriu o prazo de solicitudes para optar a un dos 90 “pioneiros” que serán os primeiros en ter direccións de internet co dominio do éuscaro.
Fonte: Efe Futuro
Máis de 450 nenos estudan aragonés en colexios e nun instituto de Huesca
A lingua aragonesa vai gañando espazo nas aulas. Este curso, 456 nenos estudan a materia extraescolar de aragonés nunha vintena de localidades de Huesca (colexios, centros rurais agrupados e un instituto), segundo datos do Programa de Aragonés do Departamento de Educación.
Fonte: El Heraldo de Aragón
A Universidade de Barcelona elimina dos seus estudos as linguas minoritarias
Os novos estudantes que entren na Universidade de Barcelona o próximo curso non poderán escoller certas combinacións, dado que se decidiu limitar a oferta a catro idiomas maioritarios europeos e un en clara expansión: inglés, alemán, español, francés e ruso. Da oferta caen o italiano e o portugués, entre outros. Isto afecta tanto á carreira de Lingüística, como á de Linguas e Literaturas Modernas.
Fonte: El País
Boletín
Subscríbase ao boletín