España
A xustiza catalá avala a cota do 25 % de castelán en escolas se un alumno o pide
O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) ratificou que o castelán debe ser o idioma vehicular nas escolas catalás nunha cota do 25 % se un alumno o pide, sen que sexa suficiente o ensino individualizado ao estudante nesa lingua.
Fonte: Heraldo de Aragón
Oito parques de Donostia reservan horas para xogar en éuscaro
Oito parques da cidade volverán reservar unhas horas cada semana para que os nenos teñan a oportunidade de xogar en éuscaro. A iniciativa, que arrancou en outono de 2012, denomínase Parketarrak e pretende “incrementar o uso do éuscaro dos nenos e nenas do barrio mentres están xogando na rúa ou no parque”, segundo explicou o Consistorio por medio dunha nota.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O Consello Valenciano de Cultura chama a protexer o ensino en valenciano
O Consello Valenciano de Cultura aprobou unha «Declaración sobre a lingua dos valenciano e o seu ensino» na que reclama asegurar que a lingua propia «teña presenza en todo o proceso educativo e accesibilidade universal». O documento en favor do ensino en valenciano defende que «a escola é a mellor e máis estable plataforma para a súa aprendizaxe e divulgación, xunto á familia».
Fonte: Levante-emv
Irún ofrecerá cursos gratuítos de éuscaro a desempregados
A área de Éuscaro do Concello de Irún presentou Lannahi, o programa de cursos de éuscaro intensivos e gratuítos que ofrecerá a persoas desempregadas, co obxectivo de que “poidan aprender éuscaro ou mellorar o seu nivel actual nun prazo curto”.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O Departamento de Cultura de Cataluña recolle en liña máis de 100 000 noticias e artigos sobre a lingua
O Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña ofrece, a través da base de datos da prensa da Dirección Xeral de Política Lingüística, a consulta en liña de 100 000 noticias e artigos xornalísticos sobre a lingua catalá publicados en medios impresos e dixitais desde o ano 2000 á actualidade.
Fonte: Generalitat de Cataluña
A Fundación puntCAT premia as mellores webs en catalán deseñadas por estudantes
A Fundación puntCAT, a entidade privada que xestiona o dominio .cat, entregou os galardóns da cuarta edición de Webs al punt .cat, un concurso que invita aos estudantes de territorios de fala catalá de ESO, Bacharelato e Ciclos formativos de grao medio ou superior a deseñar un sitio web propio en catalán dentro do seu ámbito académico.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Case 2000 estudantes canarios participarán nos campamentos de verán para aprender inglés
A iniciativa, dirixida a alumnos e alumnas de 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO, ten como obxectivo o fomento da práctica do inglés entre os participantes, que deberán empregar este idioma para desenvolverse en situacións de convivencia durante unha semana.
Fonte: Diario de Avisos
A Corporación Catalá de Medios Audiovisuais estrea un directorio de medios audiovisuais en catalán
A Corporación de Medios Audiovisuais estrea na súa web o espazo “Bom dia”, que permite acceder a unha ampla oferta de contidos audiovisuais dos diferentes territorios de fala catalá que están dispoñibles en liña.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Unha campaña fomentará o uso do catalán na atención ao público dos supermercados
A campaña ‘Al vostre servei’ (Ao voso servizo) reforzará o uso da lingua catalá na atención ao público do sector da distribución comercial. A campaña ten como obxectivo desenvolver accións de sensibilización dirixidas a profesionais que atenden o público para mellorar a calidade do servizo en catalán.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Os mozos euscaldúns duplícanse en vinte anos en Navarra
Cada vez son máis os navarros e navarras que saben éuscaro. O 11,7 % dos habitantes de 16 anos ou máis da Comunidade Foral é bilingüe (63 000 persoas) e un 7,5 % declárase bilingüe pasivo (entende o idioma pero non o fala), unhas porcentaxes que se incrementan de forma considerable entre a poboación máis nova.
Fonte: Noticias de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín