España

Constitúese en Barcelona a primeira Asociación de Comisarios de Lingua

Os participantes no Simposio Internacional sobre Dereitos Lingüísticos celebrado en Barcelona constituíron a primeira Asociación Internacional de Comisarios de Lingua (IALC), que ten como obxectivo a defensa dos dereitos lingüísticos en todo o mundo.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Xa está na rede Lsexpress, unha tenda en liña para a lingua de signos

Xa está na rede Lsexpress, unha tenda en liña desenvolvida polo centro educativo Comunidade Xorda a Fundación Andaluza Accesibilidade e Persoas Xordas (Grupo FAAS) para ofrecer a todas as persoas interesadas cursos a distancia para aprender lingua de signos e cursos de prácticas de interpretación da lingua de signos.

Fonte: Diario Signo

Xeral

Recollen 466 solicitudes de pais que demandan unha escola infantil en éuscaro no seu barrio de Pamplona

AEK, IKA, EHE, AET e a federación Sortzen, que conforman o 'movemento social do éuscaro', os sindicatos LAB, ELA e Stee-Eilas e Sasoia recolleron un total de 466 solicitudes de pais e nais demandando unha escola infantil en éuscaro no seu barrio de Pamplona.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Unha aplicación resolverá calquera dúbida lingüística sobre o español en dispositivos móbiles con sistemas Android e IOS

Fundéu BBVA acaba de lanzar unha aplicación para resolver calquera dúbida lingüística en dispositivos móbiles ao ofrecer resposta a máis de 5000 cuestións e permitir consultar directamente o equipo de lingüistas da Fundación do Español Urxente.

Fonte: La Información

Xeral

Baleares é a única comunidade con máis libros editados en lingua cooficial que en castelán no ano 2013

Baleares foi a única comunidade autónoma que en 2013 editou máis libros e folletos nunha lingua cooficial autonómica (catalán), que en castelán, segundo a Estatística de Produción Editorial correspondente a 2013 e que publicou o Instituto Nacional de Estatística.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

O Goberno canario potenciará a aprendizaxe dunha segunda lingua para favorecer o bilingüismo

O presidente do Goberno de Canarias, Paulino Rivero, comentou que o Executivo vai insistir no ensino dun segundo idioma para fortalecer o bilingüismo entre os estudantes canarios nos próximos anos.

Fonte: Diario de Avisos

Illas Canarias

Un total de 60 cidadáns de Tafalla pide relacionarse co Concello en éuscaro

A asociación Euskal Herrian Euskaraz entregou unhas 60 sinaturas para que o Concello de Tafalla se comprometa a informar a cidadanía en éuscaro a través de instancias, rotulacións, publicidade, sinalización e todo tipo de documentos de carácter oficial.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

A linguaxe das mensaxes de texto constitúe un desafío para os profesores de Lingua

Os profesores alertan de que a xente nova comete cada vez máis faltas de ortografía. Atopan moitos erros relacionados coa linguaxe que os estudantes utilizan nas mensaxes de móbil. Desde os centros educativos redobran esforzos para evitar unha deformación da linguaxe.

Fonte: Antena 3

Xeral

O Goberno de Euskadi subvenciona con 400 000 euros varias iniciativas de fomento do éuscaro en Iparralde

A Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco achegará 400 000 euros a un fondo de colaboración con Euskararen Erakunde Publikoa (Organismo Público da Lingua Vasca) no País Vasco francés, para subvencionar a actividade das organizacións que impulsan iniciativas de fomento do éuscaro nesta zona de Francia.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Getxo fomenta que a mocidade saque o carné en éuscaro

O Concello de Getxo segue conxugando carné de conducir, xuventude e éuscaro. É por isto que o Consistorio axudará con 100 euros as persoas entre 17 e 23 anos que saquen o carné de conducir en éuscaro.

Fonte: Deia

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder