España
Varias asociacións reclaman maior presenza do asturiano na Radio Televisión do Principado de Asturias
Representantes de 26 asociacións presentaron un documento de consenso no que reclaman maior presenza da lingua asturiana na programación de Radio Televisión do Principado de Asturias (RTPA).
Fonte: La Nueva España
Convocan outra marcha a prol do éuscaro en Navarra
Persoas de diferentes ámbitos realizaron un chamamento á comunidade euscalduna e vasquista para saír ás rúas de Pamplona o vindeiro 22 de marzo para defender o seu dereito a vivir en éuscaro a «a pesar dos ataques do Goberno de Navarra».
Fonte: Diario Vasco
Os traballadores do Concello de San Sebastián fan un mosaico a prol do emprego do éuscaro
Os traballadores do Concello de San Sebastián formaron un mosaico xigante en apoio a 'Udalean ere euskaraz', unha campaña de comunicación e sensibilización para promover o uso do éuscaro na Administración.
Fonte: Diario Vasco
Bilbao acolle unha exposición para incentivar o interese polo éuscaro
Alhóndiga Bilbao inaugurou a exposición temporal "Badu Bada 'O éuscaro nun mundo multilingüe'", cuxo obxectivo é activar o interese da cidadanía por esta lingua, afondar nela e promover a diversidade lingüística.
Fonte: ABC
A plataforma Escola Valenciana obtén un premio internacional á educación multilingüe
Linguapax, a organización non gobernamental creada pola Unesco e dedicada á valoración e protección da diversidade lingüística mundial, recoñeceu o traballo da plataforma Escola Valenciana co seu premio internacional anual.
Fonte: El País
Colectivos sociais presentan unha iniciativa lexislativa popular para que se cree unha radiotelevisión pública en valenciano
Unha vintena de representantes sociais de distintos ámbitos da Comunidade Valenciana promoven unha iniciativa lexislativa popular (ILP) para garantir o dereito do pobo valenciano a ter un servizo público de radio e televisión na súa lingua.
Fonte: Las Provincias
Colectivos navarros denuncian a falta de escolas infantís en éuscaro
Tal e como sinalaron estes colectivos nun comunicado, en Pamplona existen 18 escolas infantís públicas (0 a 3 años) e unicamente dúas delas ofertan o seu servizo en éuscaro.
Fonte: Noticias de Navarra
O Departamento catalán de Cultura asina un convenio coa federación de entidades Convergéncia Occitana para fomentar o occitano
O Departamento de Cultura e a federación de entidades Convergéncia Occitana asinaron un convenio de colaboración que ten por obxectivo o fomento do occitano e das manifestacións e produtos culturais que se expresen nesta lingua.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Unha campaña posta en marcha polo Concello de Donostia fomentará a transmisión do éuscaro aos nenos
O Concello de Donostia concederalles ás nais e aos pais de nenos acabados de nacer o libriño Gure haurra, para fomentar a transmisión familiar do éuscaro.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
O Parlamento de Cataluña pide respectar a singularidade do Val de Arán e a súa lingua
O Parlamento de Cataluña aprobou unha moción que insta a respectar a singularidade nacional do Val de Arán, a determinar o carácter preferente do aranés como lingua vehicular no sistema educativo e a impulsar o territorio como zona estratéxica da cooperación entre fronteiras.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín