España

Unha infografía presenta o catalán como novena lingua da Unión Europea

O portal web de transparencia da Generalitat incluíu a infografía ‘O catalán é a novena lingua da Unión Europea e está entre as 100 máis faladas do mundo’ no apartado Datos de Cataluña. Os gráficos inclúen os principais indicadores sobre a lingua catalá da exposición “O catalán, lingua de Europa”, producida pola Dirección Xeral de Política Lingüística.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

O Valedor do Pobo de Navarra insta o Goberno a que non valore máis o inglés que o éuscaro para entrar na Administración

O Valedor do Pobo de Navarra, Javier Enériz, insta o departamento de Presidencia a adoptar as “medidas oportunas” para que nas convocatorias de ingreso na Administración de Navarra ou dos seus organismos públicos “non se valore máis o coñecemento do inglés que do éuscaro”, dado que é lingua propia de Navarra e parcialmente oficial.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

A Xunta de Galicia e o Goberno de Castela e León inauguran as ‘Xornadas Martín Sarmiento. Educación, cultura e lingua’

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o director xeral de Recursos Humanos, Jesús Hurtado Olea, inauguraron no Teatro Vilafranquino as “VI Xornadas Martín Sarmiento. Educación, cultura e lingua”, coas que a Comisión Cultural Martín Sarmiento conmemora os doce anos de funcionamento do programa de promoción do galego no Bierzo e en Sanabria.

Fonte: Xunta de Galicia

Castela e León

A porcentaxe de uso do catalán en internet crece durante o mes de febreiro

A porcentaxe global de uso do catalán durante o mes de febreiro incrementouse un 0,09 % respecto a xaneiro, segundo os datos do Barómetro do uso do catalán en internet da Agrupación de Webmasters Independentes en Catalán, de Cultura e de Ámbitos Cívicos.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

O portal web Softcatalà estrea corrector gramatical e dicionario de sinónimos en catalán

O portal web Softcatalà presentou un novo corrector gramatical e un dicionario de sinónimos, ambos os dous baseados en programación de código libre e que serán gratuítos para todos os usuarios. Tras dous anos de traballo, pódense atopar máis de 1700 regras para detectar erros ortográficos, tipográficos e facer recomendacións de estilo.

Fonte: El Periódico

Cataluña

As industrias da lingua en Euskadi facturan 278 millóns de euros durante o pasado exercicio

As industrias da lingua en Euskadi facturaron 278 millóns de euros durante o pasado ano, cifra que supón un crecemento do 0,5 por cento respecto ao exercicio anterior, nun sector que aglutina un total de 5058 empregos no País Vasco e que creceu o 1,26 por cento en canto a número de traballadores en 2013, segundo a Asociación de Industrias da Lingua no País Vasco, Langune.

Fonte: El Diario

País Vasco

Organizan un concurso na rede para facer chegar a cultura catalá a nivel mundial

Unha nova iniciativa na rede ponse en marcha para difundir a cultura catalá por todo o mundo. Esta vez foi o colectivo sen ánimo de lucro Amical Wikimedia o que organizou un concurso internacional para traducir e ampliar cincuenta biografías destacadas da cultura catalá ao máximo número de linguas posibles.

Fonte: El Periódico

Cataluña

A Confederación Estatal de Persoas Xordas aplaude a incorporación da lingua de signos entre as materias de primaria

A CNSE, Confederación Estatal de Persoas Xordas, manifestou a súa satisfacción ante a publicación no BOE do Real decreto 126/2014, de 28 de febreiro, que fixa que as administracións educativas, e no seu caso os centros, poderán ofrecer materias relacionadas coa aprendizaxe da lingua de signos española e a lingua de signos catalá en Primaria.

Fonte: La Información

Xeral

A Deputación arabesa destina 233 000 euros a contratar técnicos de éuscaro para as cuadrillas do territorio

Co obxectivo de levar a cabo os programas que fomenten o coñecemento e o uso do éuscaro tanto no territorio histórico como en Treviño, o Goberno foral destinará 233 000 euros para a contratación de persoal técnico.

Fonte: El Diario

País Vasco

A Deputación de Xirona pon en marcha unha web para difundir o bo uso do catalán

A Deputación de Xirona publicou unha web de lingua para difundir o bo uso do catalán que contén a información do Libro de estilo da Deputación, editado en 2011. O libro recolle tanto criterios de presentación de textos, orientacións de estilo e convencións diversas como consellos para axudar na redacción de documentos administrativos e protocolarios.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder