España
Os colexios e as familias decidirán o número de materias que se impartirán en lingua estranxeira en Murcia
A Consellería de Educación irá implantando de forma paulatina o ensino bilingüe en todos os centros públicos da rexión e serán os propios colexios, co consenso das familias, os que escollerán o número de materias que os estudantes cursen en lingua estranxeira.
Fonte: ABC
A Televisión Pública Vasca prevé esixirlle o éuscaro a todo o seu persoal, incluídas subcontratas
A dirección de EiTB presentou ao consello de administración un plan de éuscaro para o período 2013-2016 que implicará asignar perfís lingüísticos a todos os postos de traballo da radiotelevisión pública e incluso esixírllelos ao persoal das empresas subcontratadas.
Fonte: El Mundo
A Mancomunidade de Durango pon en marcha unha campaña para fomentar o éuscaro nas prácticas deportivas
A Mancomunidade de Durango puxo en marcha a campaña 'Euskara eta kirola sasoian' co fin de consolidar a normalización da lingua vasca en todas as facetas da vida diaria. O obxectivo desta iniciativa é «coñecer a situación do éuscaro no deporte da comarca e buscar vías para fomentar o seu uso».
Fonte: El Correo
Un total de seis de cada dez cidadáns prefire consumir produtos culturais en catalán
Un total de seis de cada dez cidadáns prefire consumir produtos culturais en catalán se atopa oferta, segundo sinala a segunda ondada de 2013 do estudo Ómnibus do Centro de Estudos de Opinión (CEO) da Generalitat de Cataluña.
Fonte: Generalitat de Cataluña
O ensino público en éuscaro resiste e rexistra case 1300 solicitudes en Navarra
O ensino público en éuscaro resiste e rexistra preto de 1300 solicitudes de escolares de 3 anos para o próximo curso. Uns datos que supoñen un descenso do 5 % con respecto aos contabilizados no período de prematrícula do pasado ano.
Fonte: Noticias de Navarra
O portal www.jove.cat inclúe información e recursos sobre a lingua catalá
O portal jove.cat, impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude do Departamento de Benestar Social e Familia, coa Dirección Xeral de Atención Cidadá da Generalitat de Cataluña, ten un apartado sobre recursos dispoñibles en lingua catalá. Concretamente, inclúe aqueles para aprender catalán, tanto a nivel presencial como en liña. Tamén ofrece información sobre Voluntariado pola lingua, cine en catalán e medios de comunicación.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Presentan o V Plan xeral de normalización do uso do éuscaro no Goberno vasco
A conselleira de Cultura quixo explicar o obxectivo principal do plan: “Sendo o éuscaro e o castelán as dúas linguas oficiais, o obxectivo do Plan é que a cidadanía escolla o idioma que crea conveniente na súa relación coa Administración, que se garantan os dereitos lingüísticos da cidadanía e que, para que esa oficialidade sexa real, se empregue o éuscaro como lingua de servizos e de traballo".
Fonte: Euskara
Só catro de cada dez españois falan e escriben algunha lingua estranxeira
Só catro de cada dez españois sinalan que falan e escriben algunha lingua estranxeira, fundamentalmente inglés (25,2 % de todos os enquisados) e francés (9,6 %), segundo datos do Barómetro de febreiro do CIS, baseados en 2474 entrevistas realizadas a maiores de idade de ambos os sexos.
Fonte: El Mundo
O programa andaluz de ensino da lingua e cultura chinesas duplica en tres anos o seu número de alumnos
O conselleiro de Educación, Cultura e Deporte da Junta de Andalucía, Luciano Alonso, destacou a boa evolución do programa de ensino da lingua e cultura chinesas implantado nos centros docentes públicos da comunidade autónoma, que desde o seu comezo no curso 2011-12 duplicou o seu número de alumnos ata pasar dos 637 estudantes iniciais aos 1229 actuais no seu terceiro ano.
Fonte: Europa Press
Unha aplicación para móbiles fomenta o éuscaro cos valores do Athletic Club de Bilbao
A Fundación Athletic Club e Euskaltzaleen Topagunea presentaron unha aplicación gratuíta para móbiles e tablets que ten como obxectivo fomentar o uso do éuscaro entre pais e fillos mediante a transmisión dos valores do Athletic.
Fonte: Deia
Boletín
Subscríbase ao boletín