España
A metade dos bilbaínos fala éuscaro
O éuscaro fíxose forte en Bilbao. Euscaldúns ou case euscaldúns, actualmente máis da metade dos bilbaínos son capaces de desenvolverse nesta lingua. Un panorama radicalmente diferente ao de hai tres décadas, cando apenas un de cada cinco veciños da capital biscaíña podía enfiar tres palabras seguidas en éuscaro.
Fonte: Deia
Presentan requirimentos en todas as consellerías asturianas para que cumpran a legalidade en materia toponímica
A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana presentou no Rexistro Xeral Central do Principado de Asturias requirimentos formais instando a todas as consellerías a que cumpran a legalidade en materia toponímica nos seus respectivos ámbitos de competencia.
Fonte: Asturnews
A empresa Virtualware crea videoxogos para fomentar o éuscaro
Os móbiles e as tablets convertéronse nunhas das plataformas de ocio preferidas pola mocidade vasca, pero, no entanto, a maioría das aplicacións só están en inglés ou en castelán. Ante a falta de apps en éuscaro, a compañía biscaíña Virtualware desenvolveu cinco videoxogos para promover e difundir o uso do idioma entre o público infantil e xuvenil.
Fonte: La Vanguardia
A Comunidade de Madrid ofrece 422 prazas para que os seus profesores aprendan inglés no estranxeiro
A Comunidade de Madrid destinou 1,6 millóns de euros ao Plan de formación en lingua inglesa, que inclúe 1580 prazas, das que 422 son para realizar un curso en centros de Reino Unido, Estados Unidos e Canadá. O Plan, que este ano incrementou o seu orzamento case un 36 % con respecto ao ano anterior, conta coa colaboración de importantes institucións estranxeiras, como as universidades de Vancouver ou Boston, entre outras.
Fonte: Aprendemás
O sindicato UXT censura a obriga de saber éuscaro en empregos da comarca navarra da Barranca
UXT da Barranca e Burunda, censura a obriga de saber éuscaro como requisito indispensable en determinadas convocatorias de emprego realizadas por concellos e a Mancomunidade de Sakana. A opinión do seu responsable comarcal, David Medina, é que tal esixencia resulta “discriminatoria” para aspirantes que descoñecen ou non acadan o perfil lingüístico requirido nas probas de acceso.
Fonte: Diario de Navarra
O Tribunal Supremo avala que se adopten medidas para que o castelán sexa vehicular no ensino xunto co catalán
O Tribunal Supremo avalou as medidas cautelares impostas polo Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC) para que a Generalitat adopte “cantas medidas sexan precisas” para que o castelán tamén sexa lingua vehicular do ensino en Cataluña, xunto co castelán, se o pide un alumno.
Fonte: El Periódico
O Servizo Vasco de Saúde aplicará o seu plan de éuscaro nos centros privados
O II Plan de éuscaro de Osakidetza inclúe diferentes iniciativas para profundar no respecto que se debe ao éuscaro e ás persoas euscaldúns. Por exemplo, solicitaráselles aos ambulatorios ou centros de saúde que introduzan os seus respectivos plans de éuscaro. Pero a euscaldunización no sistema vasco de saúde va máis alá e, por iso, prevé achegar a lingua tamén ás clínicas e centros privados.
Fonte: Noticias de Álava
Máis de 200 alumnos aprenden portugués como segunda lingua estranxeira en centros educativos de Huelva
A aposta da Junta de Andalucía por facilitar o ensino do portugués en centros públicos de Huelva trae consigo grandes oportunidades de aprender unha lingua e unha cultura, portadora dunha rica historia, compartida en determinadas etapas históricas. Este factor de coñecemento e aproximación recíproco, de enorme importancia socioeducativa, ten unha clara repercusión a nivel económico a medio e longo prazo.
Fonte: Huelva 24
O Parlamento navarro rexeita unha moción de apoio á extensión do éuscaro na comunidade
A Xunta de Portavoces rexeitou unha proposta de declaración institucional para que o Parlamento de Navarra mostrara a súa vontade favorable a que a maioría dos cidadáns da comunidade aprendan éuscaro.
Fonte: Diario de Navarra
A Consellería valenciana de Educación reducirá a presenza do valenciano nas liñas de castelán
A orde que prepara a Consellería de Educación para regular a autorización do proxecto lingüístico dos centros de ensino de Réxime Xeral desde Infantil ata Bacharelato e Formación Profesional previsto no Decreto de Plurilingüismo reducirá a presenza do valenciano nas escolas de liña en castelán.
Fonte: Diario Información
Boletín
Subscríbase ao boletín