España

A maior proporción de alumnos que estudan en éuscaro está en Ondarroa

A comarca de Ondarroa-Markina presenta o maior número de alumnos que seguen os seu estudos en éuscaro en todas as comarcas vascas. Segundo un estudo realizado polo Goberno vasco, as maiores porcentaxes danse nas comarcas de Markina-Ondarroa (97 %), Plentzia-Mungia (96 %) e Gernika-Bermeo (88 %).

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A iniciativa Parketarrak impulsa o uso do éuscaro entre os máis pequenos en Donostia

As rúas e os parques de San Sebastián son o escenario dos xogos diarios de moitos dos máis pequenos, e para que nesas tardes de entretemento infantil o éuscaro estea cada vez máis presente, o servizo de éuscaro do concello puxo en marcha o programa Parketarrak, xunto con Urtxintxa Eskola e as comisións de éuscaro dos distintos barrios da cidade.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Concello de San Sebastián apoiará o uso do éuscaro na paisaxe lingüística

O Consistorio de San Sebastián aprobou unhas axudas para impulsar a presenza do éuscaro na paisaxe lingüística da cidade. A responsable de Éuscaro do Concello, Nerea Txapartegi, explicou que resulta prioritario incrementar a presenza deste idioma no sector do comercio, hostalería e servizos.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A Radio do Principado de Asturias emitirá un boletín de noticias diario en asturiano

O xornalista Naciu Varillas vai ser o responsable de presentar o primeiro boletín de noticias en asturiano da Radio do Principado de Asturias (RPA) na historia da emisora.

Fonte: Asturies.com

Asturias

O ministro de Educación prevé crear un grupo de traballo coas autonomías con lingua cooficial

O ministro de Educación e Cultura, José Ignacio Wert, non descarta a creación dun grupo de traballo coas comunidades autónomas con lingua cooficial para resolver as discrepancias que poidan xurdir co decreto que desenvolve a disposición adicional número 38 da Lei orgánica para a mellora da calidade educativa (Lomce), relativa ao tratamento das linguas cooficiais.

Fonte: La Vanguardia

Xeral

O conselleiro de Cultura da Generalitat de Cataluña quere que o catalán sexa lingua oficial en Europa

O conselleiro de Cultura, Ferran Mascarell, sinalou que o catalán se converteu nunha lingua de sociedade e cultura e quere que “sexa unha lingua de Europa, unha lingua normal coma todas as outras que se despregan con normalidade e oficialidade no contexto europeo”.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Euskaltzaindia e a Fundación Sabino Arana asinan un acordo para a promoción e bo uso do éuscaro

A Fundación Sabino Arana e a Real Academia da Lingua Vasca, Euskaltzaindia, asinaron en Bilbao un convenio de colaboración, por un período de cinco anos, centrado na promoción, normalización e bo uso do éuscaro.

Fonte: Deia

País Vasco

Celebran unha manifestación en Navarra en defensa do éuscaro

Os impulsores da manifestación son persoas e asociacións que cren que o éuscaro é unha parte consubstancial de Navarra e que teñen dereito a vivir nunha comunidade bilingüe. Por isto, esixen un cambio na "disparatada e discriminatoria" política lingüística do Goberno foral e rexeitan os drásticos recortes que este realizou, escudándose na crise, en todos os ámbitos relacionados con esta lingua.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Departamento de Cultura e a Confederación de Comercio de Cataluña colaboran para fomentar o catalán no ámbito empresarial

O conselleiro de Cultura, Ferran Mascarell, e o presidente da Confederación de Comercio de Cataluña (CCC), Pere Llorens, asinaron un convenio para fortalecer a colaboración que manteñen para o fomento do uso do catalán no sector do comercio, dos servizos e do turismo en Cataluña.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

O grupo de comunicación público vasco EITB esixirá por primeira vez saber éuscaro para formar parte do cadro de persoal

O grupo de comunicación público vasco EITB quere adelgazar o seu cadro de persoal e cambiar os traballadores e traballadoras que non saben éuscaro por outros que sexan bilingües.

Fonte: Ecoteuve

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder