España
Decenas de persoas concéntranse en Navarra polo acceso aos medios de comunicación públicos en éuscaro
Durante a mobilización, os organizadores fixeron público un comunicado no que reivindican o “dereito” a que “os medios públicos en éuscaro se poidan captar en Navarra con normalidade”.
Fonte: Noticias de Navarra
Crecen un 18 % o número de entidades de fomento da lingua catalá
O número de entidades de fomento da lingua catalá creceu un 18 % respecto a 2013 e, segundo o censo do departamento de Cultura feito público, actualmente hai 142 asociacións e fundacións inscritas.
Fonte: La Vanguardia
Nenos e novos convertéronse no motor do uso do éuscaro en Tolosa
Tras anos de moitos esforzos por parte das diferentes entidades que traballan polo uso do éuscaro chégase á década do 2000 e «os datos cambian ata tal punto que hogano sete de cada 10 menores de 14 anos en Tolosa comunícase en éuscaro e algo máis da metade do novos entre 15 e 24 anos tamén».
Fonte: Diario Vasco
O Parlamento vasco pide estender o trilingüismo nas aulas co éuscaro como lingua preferente
O Parlamento vasco reclamoulle ao Goberno que estenda o trilingüismo nas aulas vascas tendo en conta o éuscaro como lingua "preferente". A resolución non establece un calendario nin unha data límite de extensión do trilingüismo e fala de que esa ampliación se faga de forma progresiva.
Fonte: El País
Inician unha campaña para que Tripadvisor permita o uso do catalán
A plataforma de peticións en liña Change.or recolle unha campaña para que Tripadvisor permita escribir opinións en catalán. Orlando Barrial, o impulsor da petición, denuncia que intentou escribir un comentario no popular portal turístico para valorar un restaurante e atopouse coa negativa de Tripadvisor. Segundo Barrial, desde o portal chegoulle un aviso conforme o que escribira non se ía publicar porque estaba escrito en catalán.
Fonte: El Periódico
O castelán aumenta cinco puntos como lingua de uso habitual en Cataluña
Un 50,7 % dos cataláns maiores de 15 anos emprega o castelán como lingua habitual, case cinco puntos máis que no 2008, en tanto que o 36,3 % usa o catalán habitualmente, un punto máis que hai cinco anos. Este é un dos datos da Enquisa de Usos Lingüísticos da Poboación 2013.
Fonte: El Periódico
Asturias blinda o ensino do asturiano en detrimento do francés ou outra segunda lingua
A Consellería de Educación do Principado de Asturias blindará o ensino da lingua asturiana (ou, no seu defecto, da literatura e a cultura asturianas) en detrimento doutro segundo idioma, co fin de protexer este idioma e neutralizar “os efectos nocivos da LOMCE (Lei orgánica para a mellora da calidade educativa)”, segundo a Consellería.
Fonte: El Confidencial
O 79,2 % dos alumnos de Baleares contestou en catalán as probas de Selectividade
O 79,2 por cento dos exames das probas de acceso á universidade de xuño realizadas nas Pitiusas contestouse en lingua catalá. Aínda que estes resultados supoñen un incremento de 2,1 puntos con respecto á mesma convocatoria do mesmo mes en 2013, Eivisa e Formentera son as illas que rexistran a menor porcentaxe do uso do catalán na Selectividade en Baleares.
Fonte: Diario de Ibiza
O Goberno vasco destina 43 millóns de euros a axudas ao éuscaro
O Goberno vasco mantén en 43,3 millóns de euros as subvencións destinadas ao fomento do éuscaro, dos que 30 millóns irán á aprendizaxe de adultos. E este ano inclúe por primeira vez unha partida destinada a apoiar a lingua vasca nas edicións dixitais dos medios en castelán.
Fonte: Deia
A plataforma Mintzalagun ofrece cursos en liña para aprender éuscaro xogando
Está adaptada á aprendizaxe dinámica das persoas que non teñen coñecemento ningún da lingua vasca, ou ben queren reforzar o seu proceso de euscaldunización. Mintzalagun é una plataforma en liña que ofrece unha innovadora metodoloxía para aprender éuscaro de forma divertida.
Fonte: Su Nota de Prensa
Boletín
Subscríbase ao boletín