España
A Fundación Elhuyar ábrese ao sector da automoción cun dicionario en 6 idiomas
O mundo da automoción conta cun novo dicionario especializado na súa terminoloxía. As empresas BATZ, Cikautxo, Ekin Elay, GKN e Maier, co asesoramento dos terminólogos da unidade de Lingua e Tecnoloxía de Elhuyar, elaboraron o Dicionario de Automoción, un vademécum que se pode consultar en seis idiomas: éuscaro, castelán, inglés, francés, alemán e chinés.
Fonte: Noticias de Álava
O Tribunal Supremo avala o Decreto de acreditación do catalán para os profesores universitarios
O Tribunal Supremo desestimou o recurso da asociación Convivencia Cívica Catalá en contra do Decreto 128/2010 sobre acreditación do coñecemento lingüístico do profesorado das universidades do sistema universitario de Cataluña.
Fonte: Generalitat de Cataluña
Eurodeputados cataláns e valencianos piden o uso do catalán no Parlamento Europeo
Un grupo de oito deputados cataláns e valencianos enviaron unha carta ao presidente do Parlamento Europeo, Martin Schulz, para reclamar que se retome o diálogo para que exista a opción de falar catalán no plenario da Eurocámara.
Fonte: La Vanguardia
O xuíz ordena traducir os dereitos dos internos no Centro de Internamento de Estranxeiros ás súas linguas
O xuíz do Centro de Internamento de Estranxeiros (CIE) de Barcelona ordenou traducir os boletíns que informan os reclusos dos seus dereitos, non só ás linguas oficiais dos seus países, senón tamén ás que falan unha porcentaxe notoria da poboación, como o wolof, o mandinga ou o guxaratí.
Fonte: El Periódico
Homenaxean o xornalista e escritor Raúl Vallés no Día da Lingua Aragonesa
A Plataforma Aragonesa Non Falamos Catalán (PANHC) e a Federación de Asociacións Culturais do Aragón Oriental (Facao) organizaron en Alcañiz a celebración do Día da Lingua Aragonesa, acto ao que acudiron unha decena de persoas. Durante a xornada, reivindicaron a aplicación da Lei de Linguas de inmediato e a creación dunha academia aragonesa.
Fonte: La Comarca
O Goberno de Cataluña sufragará o custo por non poder estudar en castelán
O Goberno deducirá ás comunidades da súa financiación autonómica o custo que lle suporá o proceso educativo de aqueles alumnos que, querendo recibir unha educación en castelán como lingua vehicular, non poidan facelo na rede de centros públicos por falta de prazas.
Fonte: La Tribuna de Ciudad Real
O Principado de Asturias convoca axudas para impulsar o asturiano en literatura, música e medios
A Consellería de Educación, Cultura e Deporte publicou no Boletín Oficial do Principado de Asturias (BOPA) a convocatoria e as bases que rexen as distintas liñas de subvención para a normalización social do asturiano durante 2014 na literatura, a música, e os medios de comunicación, cun importe que ascende a 232 513,40 euros.
Fonte: El Comercio
San Sebastián destina 305 000 euros de axuda á aprendizaxe do éuscaro
O Concello de San Sebastián destinará 305 000 euros a axudas económicas para a aprendizaxe do éuscaro. A cantidade maior, de 225 848 euros está dirixida aos cidadáns que participen en clases e internados de inverno ou cursos de autoaprendizaxe.
Fonte: El Mundo
O Instituto de Estudos Cataláns lanza o espazo "Critèria", con ferramentas para a corrección e tradución de textos
O Servizo de Corrección Lingüística e a Unidade de Corrección do Servizo Editorial do Instituto de Estudos Cataláns (IEC) lanzaron Critèria, un espazo web que contén orientacións e propostas para resolver cuestións tipográficas e dúbidas lingüísticas vinculadas sobre todo coa ortografía e a onomástica e que non dependen estritamente da normativa lingüística, senón que son froito da experiencia profesional.
Fonte: Generalitat de Cataluña
A Academia da Lingua Vasca e a revista relixiosa Karmel únense polo éuscaro e a cultura vasca
Euskaltzaindia e a revista relixiosa Karmel asinaron un convenio de colaboración para participar conxuntamente en proxectos encamiñados á normalización do éuscaro e da cultura vasca, segundo informou a Academia da Lingua Vasca nun comunicado.
Fonte: ABC
Boletín
Subscríbase ao boletín