España
Varias localidades arabesas proxectarán estreas de cine en éuscaro ao aire libre
Un total de cinco localidades arabesas van proxectar durante o mes de agosto estreas de cine en éuscaro ao aire libre dentro do ciclo “Zinemairean”, organizado pola Deputación coa colaboración económica de Caixa Laboral.
Fonte: ABC
Denuncian o moi precario equilibro existente entre as dúas linguas oficiais da Comunidade Valenciana
Sen medios de comunicación de titularidade pública en valenciano, advirte a Academia Valenciana da Lingua, o “moi precario” equilibrio entre os dous idiomas oficiais pode acelerarse de forma “irreversible”, e causar “danos graves para a recuperación e vixencia do valenciano como unha lingua absolutamente normal para toda clase de usos sociais”.
Fonte: El País
O catalán é a decimo sétima lingua máis falada na Wikipedia
O presidente da asociación Amical Wikimedia, Arnau Duran, asegurou que o catalán é a decimo sétima lingua máis falada da Wikipedia, que ten actualmente 450 000 artigos en catalán.
Fonte: La Vanguardia
A Ertzaintza terá que usar o éuscaro como lingua prioritaria
O borrador do primeiro plan de uso do éuscaro na historia da Ertzaintza establece que a vasca será a «lingua de servizo» prioritaria na Policía autonómica e que, co tempo, deixará de ser un mérito para converterse en «requisito» para acceder a unha praza de axente.
Fonte: El Mundo
Critican o gasto de externalizar os servizos lingüísticos da Radiotelevisión das Illas Baleares IB3
O deputado menorquino de Més Nel Martí lamentou que a radiotelevisión autonómica IB3 destine 116 160 euros para externalizar os seus servizos lingüísticos, mentres que "non emite nin un só minuto de programación en catalán".
Fonte: Diario de Mallorca
O Servizo Vasco de Saúde ofrecerá os resultados das análises de sangue tamén en éuscaro
Osakidetza, o Servizo Vasco de Saúde, ofrecerá os resultados das análises de sangue e ouriños de forma progresiva en éuscaro e castelán dentro dos seus plans para introducir a lingua vasca en todos os seus formularios e sistemas de traballo.
Fonte: El País
O Congreso dos Deputados rexeita o requisito do coñecemento do catalán na Xustiza
O Congreso dos Deputados volveu rexeitar unha proposición de modificación da Lei orgánica do Poder Xudicial que quería introducir o requisito de coñecemento da lingua catalá e o dereito propios para o acceso a prazas do territorio de Cataluña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O diñeiro destinado polo Goberno vasco ao fomento do éuscaro xera polémica
As críticas á 'Axenda Estratéxica 2013-2016. Un idioma vivo para a convivencia', que presentou hai pouco máis dun mes o lehendakari Iñigo Urkullu, van subindo o ton dos cualificativos e tamén a intensidade das descualificacións.
Fonte: Diario Vasco
O Departamento de Cultura colabora coa Universidade Catalá de Verán en actividades de fomento do catalán e o occitano
O Departamento de Cultura colabora un ano máis coa Universidade Catalá de Verán (UCE) na organización de diversas actividades que se desenvolverán durante a súa 46a edición.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Consellería de Educación do Principado de Asturias non garante intérpretes de lingua de signos para todos os alumnos xordos
A Consellería de Educación sacou a concurso o servizo de intérpretes de lingua de signos para os alumnos con discapacidade auditiva matriculados en Asturias para os próximos dous anos, coa posibilidade de prorrogarse outros dous. Porén, as bases nin garanten a atención de todos os estudantes nin tampouco unhas condicións laborais mínimas para os intérpretes.
Fonte: Asturias 24
Boletín
Subscríbase ao boletín