España

Descobren que o vasco non foi una lingua illada

O catedrático de Lingüística Románica Martin Hasse, tras una investigación realizada en Gascuña, sostén que o vasco non foi unha lingua que permaneceu illada e sen influencia das linguas latinas, senón que recibiu considerables achegas do gascón, un conxunto de variedades lingüísticas galorrománicas, consideradas un dialecto occitano e que se utilizaban no que actualmente sería o sur de Francia e en dirección norte ata Bordeos.

Fonte: El Mundo

País Vasco

O Servizo Valenciano de Emprego inclúe cursos de chinés e ruso ante a demanda do sector turístico

O Servizo Valenciano de Emprego (Servef) incluíu cursos de chinés e ruso no Programa de Formación de 2014 ante o auxe do turismo e do comercio con estes países, que fai prever a curto prazo necesidades de persoal cualificado nestas linguas.

Fonte: Levante-emv

Comunidade Valenciana

O Concello de San Sebastián presenta unha web con información sobre o ámbito do éuscaro

O Concello de San Sebastián presentou unha nova páxina web dedicada ao éuscaro na que os cidadáns poderán atopar información sobre actos, actividades e servizos ofrecidos en lingua vasca tanto pola Administración como por axentes ou movementos populares.

Fonte: El Mundo

País Vasco

Animan a utilizar o éuscaro en Ermua con postais de verán

O departamento de éuscaro mantén en marcha o concurso de postais de verán. O obxectivo do certame é animar os e as emutarras a que utilicen o éuscaro nas comunicacións informais. Os que desexen participar han de enviar unha postal escrita en éuscaro desde os seus lugares de veraneo.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

España ten un dos máis baixos niveis de inglés de Europa

Unha nova edición do Eurobarómetro sitúa a España como o segundo país co nivel de inglés máis baixo da rexión, só por detrás de Hungría. De acordo co estudo, só un 22 % dos españois maiores de 18 anos domina a lingua e un 7 % asegura ter un nivel avanzado.

Fonte: Universia

Xeral

O Concello de San Sebastián repartirá 13 133 euros entre 21 entidades para fomentar o éuscaro

Un total de 21 entidades donostiarras sen ánimo de lucro repartiranse os 13 133 euros que o Concello de San Sebastián aprobou para o desenvolvemento de proxectos de fomento do éuscaro. Trátase de iniciativas que se organizan para completar e desenvolver o Plan xeral do éuscaro, informou o consistorio donostiarra nun comunicado.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Goberno vasco destina máis de 800 000 euros a material escolar en éuscaro

O Goberno vasco destinou axudas por un importe superior aos oitocentos mil euros para a elaboración de material escolar en éuscaro. A partida máis importante, por un montante de 514 627 euros, está destinada a subvencións para libros e demais material didáctico de niveis non universitarios impresos en éuscaro. O obxectivo destas subvencións é que o ensino en éuscaro non supoña un incremento do gasto para o alumnado en razón do material didáctico utilizado.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Elixen o tema “Som”, do grupo Cybee, como a canción do verán de 2014 en catalán

Tras máis dun mes de votacións, os usuarios de LaVanguardia.com escolleron o tema Som de Cybee como canción do verán 2014 en catalán. A enquisa rexistrou un total de 22 850 votos de entre os que 9010 foron para o tema vencedor.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Xa está aberta a inscrición para a II Noite da Lingua no Mundo Dixital organizada pola Generalitat de Cataluña

A II Noite da Lingua no Mundo Dixital está organizada pola Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura coa colaboración de Amical Wikimedia. O acto manterá o formato de Viquimaratón (acción intensiva de edición da Viquipedia) e nesta ocasión centrarase na historia da lingua catalá a partir dos contidos das “300 festas de lingua”, unha iniciativa da Dirección Xeral de Política Lingüística que ten por obxectivo divulgar de forma lúdica as 300 festas máis relevantes da historia do catalán.

Fonte: Genera

Cataluña

Máis de 230 docentes das illas Baleares examínanse de inglés

Durante os pasados meses de maio e xuño preto de 700 docentes de todo o arquipélago presentáronse ás probas de avaliación de inglés Aptis, desenvolvidas nos diferentes centros de profesorado das illas polo British Council grazas á sinatura dun convenio entre o Goberno rexional e o instituto de ensino. Destes centenares de profesores que se examinaron, un total de 480 acreditaron un novel B2 ou superior de inglés, o solicitado polo Goberno das illas para poder impartir áreas, materias, módulos ou ámbitos de coñecementos non lingüísticos nunha lingua estranxeira.

Fonte: Diario de Ibiza

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder