España

O Concello de Éibar creará unha oficina para a Comisión do Éuscaro

O Concello de Éibar adoptou a decisión de desligar os temas referidos ao éuscaro dos relacionados con cultura e crear así unha comisión asesora específica para a lingua vasca. Ata entón, as dúas áreas estaban integradas nunha única comisión. Porén, nun momento no que se prepara o Plan de acción para a promoción do éuscaro que rexerá durante os próximos cinco anos decidiuse crear unha comisión propia. Esta medida reflíctese fisicamente na posta en marcha dunha oficina correspondente a este departamento.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

A Generalitat de Cataluña destina 609 000 euros a promover o catalán en Xapón e Ecuador

A Generalitat de Cataluña destina ao ano 20 millóns de euros para fomentar “a identidade catalá”, dos que 609 000 son para promover a lingua catalá en Xapón e Ecuador. Este labor lévase a cabo a través dos “casais” ou “comunidades catalás” no estranxeiro.

Fonte: La Información

Cataluña

A serie clásica de animación de Supermán dobrarase ao asturiano

Gonzali Producciones iniciou, con subvención do Concello de Xixón, a dobraxe ao asturiano da aclamada serie de curtametraxes animadas de Supermán, realizadas na década de 1940 polos estudios Fleischer.

Fonte: La Nueva España

Asturias

Unha emprendedora catalá crea unha aplicación para que os nenos asiáticos aprendan español

A aplicación, ademais de ofrecer material didáctico, usa técnicas de gamificación (o uso de dinámicas propias dos xogos e o ocio en actividades non recreativas) a través da publicación dos resultados de lecturas e exercicios nunha clasificación que todos os usuarios poden ver, para fomentar a participación e as ganas de aprender, anunciou a Europa Press a creadora do proxecto, Addaia Verrié.

Fonte: Invertia

Cataluña

O Concello de Vitoria oferta máis de 80 cursos de éuscaro para o ano 2014-2015

O Concello de Vitoria ofertará máis de 80 cursos de éuscaro no período 2014-2015, entre eles varios dirixidos a maiores de 55 anos e estranxeiros.

Fonte: ABC

País Vasco

Vinte grupos navarros gravan cancións polo dereito a estudar e vivir en éuscaro

A asociación Euskaraz bizi eta ikasi presentou a súa terceira iniciativa este ano para defender o dereito a estudar e vivir en éuscaro en Navarra, un CD con 20 cancións de 20 grupos diferentes “para reivindicar o dereito a vivir e estudar en éuscaro que temos en todo Nafarroa e para estender esta mensaxe por todos os recunchos de Euskal Herria”, dixo Jorge Arias, un responsable da plataforma.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

Iniciativa polo Asturiano denuncia que Transportes Unidos de Asturias esquece o asturiano no seu novo sistema de transporte

Iniciativa polo Asturiano quere amosar o seu rexeitamento á exclusión da lingua asturiana en todas as partes do grupo Transportes Unidos de Asturias S.A. (T.O.A), que ofrece o servizo público de transporte de autobús no concello da capital, e que acaba de estrear unha nova páxina web e liñas de servizo.

Fonte: Info Asturies

Asturias

O 40 % da mocidade vasca matricularía os seus fillos nun modelo trilingüe

Catro de cada dez mozos vascos de entre 15 e 29 anos matricularían os seus fillos, de telos, en modelo trilingüe (éuscaro, castelán e inglés), segundo datos da enquisa “Retratos de xuventude” elaborada polo Goberno vasco.

Fonte: El Correo

País Vasco

Un total de 18 000 nenos de Educación Infantil formarase en inglés, valenciano e castelán en Castellón

O sistema de educación plurilingüe incluirá o próximo curso 2014/2015 todo o segundo ciclo de Educación Infantil, o que beneficiará 18 000 alumnos de tres, catro e cinco anos da provincia de Castellón.

Fonte: El Periódico Mediterráneo

Comunidade Valenciana

As dúas editoriais en valenciano de maior prestixio unen os seus destinos

Os históricos selos editoriais valencianos Bromera e Tàndem, probablemente os que máis prestixio conseguiron dentro da edición en valenciano na recente historia impresa desta lingua, chegaron a un acordo polo que o primeiro adquire a marca Tàndem e “boa parte do seu catálogo”, ademais da responsabilidade da súa difusión.

Fonte: El País

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder