España

A anatomía xa se pode estudar en éuscaro

A Universidade do País Vasco avanza no campo da normalización lingüística coa edición e publicación do libro Giza Anatomiako Atlasa co apoio do Goberno vasco. Este traballo é a tradución do libro Máster Atlas de Anatomía da editorial Marbán, unha obra de referencia no seu ámbito. O atlas recolle toda a terminoloxía en éuscaro sobre anatomía humana nun total de 725 páxinas divididas en catorce capítulos, acompañada de detalladas ilustracións.

Fonte: Noticias de Gipúzkoa

País Vasco

O xogo dos 300 feitos de lingua distribúese a través da prensa comarcal catalá

A Dirección Xeral de Política Lingüística distribuirá o xogo 300 feitos de lingua, a través dos medios da Asociación Catalá de Prensa Comarcal (ACPC) mediante un concurso promocional. Esta iniciativa, que se enmarca nos actos dos Tricentenario dos feitos de 1714, ten por obxectivo ampliar o coñecemento da cidadanía sobre os acontecementos, positivos e negativos, que afectaron á lingua catalá ao longo da historia.

Fonte: Generalitat de Cataluña

Cataluña

Cen bares de Vitoria proporcionan manteis de papel para pedir en éuscaro

Cen bares da capital van proporcionarlles aos seus comensais a seguridade de saber que poden ser servidos sen limitacións lingüísticas. Farano cubrindo as mesas con manteis de papel onde aparecen en éuscaro algunhas das frases típicas na relación cliente-camareiro.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

Os comercios baleares poderán rotular sen usar o castelán nin o catalán

Entre outras cuestións, a nova lei exonera os propietarios dos comercios de rotular os seus establecementos como mínimo en catalán, pero tampouco estarán obrigados a facelo en castelán. Así mesmo, desaparece do articulado a obriga de ter una porcentaxe de empregados para atender o público en catalán.

Fonte: Diario de Mallorca

Illas Baleares

O Goberno vasco destinou 1875 millóns de euros ao éuscaro en trinta anos

O Goberno vasco investiu 1875 millóns de euros entre 1983 e 2012 en políticas dirixidas a promover a aprendizaxe e uso do éuscaro, e avanzar dese modo cara a unha sociedade bilingüe, segundo os datos facilitados polo Departamento de Educación e Política Lingüística.

Fonte: El Correo

País Vasco

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana esíxelle ao Concello de Avilés que respecte a toponimia oficial

A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana esíxelle ao Concello de Avilés que ordene modificar o deseño orixinal das novas marquesiñas para que cumpran coa legalidade en materia toponímica, recollendo a forma Les Meanes ou, en todo caso, a forma oficial Les Meanes/Las Meanas. Hai que lembrar que o proceso de oficialización da toponimia asturiana ten como fin a recuperación destes nomes.

Fonte: Asturnews

Asturias

O programa de Voluntariado pola Lingua xerou 10 208 parellas en 2013

O programa de Voluntariado pola Lingua, impulsado pola Dirección Xeral de Política Lingüística do Departamento de Cultura da Generalitat, xerou 10 208 parellas lingüísticas entre as 11 836 persoas que participaron, das que 5102 (o 43 %) o fixeron como voluntarios e 6734 como aprendices.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

Os alumnos que queiran estudar en castelán e non haxa oferta pública xa poderán pedir praza privada

Os pais ou titores dos alumnos de comunidades autónomas con lingua cooficial que queiran estudar en castelán e non conten con prazas públicas dispoñibles o próximo curso 2014-2015 xa poden iniciar os trámites para solicitar una praza nun centro escolar privado.

Fonte: Telecinco

Xeral

Aproban unha partida de 514 627 euros para materiais didácticos en éuscaro

O Consello de Goberno vasco aprobou unha orde pola que se convocan subvencións para libros e demais material didáctico de niveis non universitarios impresos en éuscaro (EIMA I). O obxectivo destas subvencións, por un importe total de 514 627 euros, é que o ensino en éuscaro non supoña un incremento do gasto para o alumnado en razón do material didáctico utilizado.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Máis de 60 alumnos murcianos con dificultades auditivas estudan Bacharelato en lingua de signos

Máis de 60 alumnos con dificultades auditivas participaron durante este curso 2013-2014 no programa ABC, unha iniciativa da Consellería de Educación, Cultura e Universidades que se desenvolve en catro centros de Infantil e Primaria e nun de Secundaria.

Fonte: Murcia.com

Murcia

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder